leoeosseus

sábado, 18 de febreiro de 2017

Xela artista


Xela saiu do cole onte cun premio dun debuxo exipcio para colorear e non parou ata conseguir o resultado final que é incrible para unha nena de cinco anos.
Xela non para de argallar, pintar, montar, escribir e dáselle ben.
Vou criar unha nova etiqueta: Xelartista. E que non me cheguen os números romanos para esta etiqueta.



E, como non é todo arte, quixo andar en bici antes de que volvese a chuvia e así souben dunha pintada que me resultou curiosa.

Etiquetas:

4 comentarios:

Ás 19/02/17, 11:00 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Muito bela a pintura da Xela. Temos artista mesmo.
Um abraço e bom domingo

 
Ás 19/02/17, 11:59 , Blogger Churrusqueira dixo...

Incribles a paciencia e o bo xeito que demostra unha meniña tan cativa.

 
Ás 23/02/17, 09:29 , Blogger Paz Zeltia dixo...

tes pintoras e escritores na familia e todos os outros talentos que aínda non desenvolveron! :)
Dende logo o dios que máis fixo por nós foron os papás e mamás (que saibamos) claro que nalguns casos tamén son o demo os papás. Incluso as mamás. (inda que este matiz pareza descalificador para "os papás en xeral" non o é en particular... e que estou pensando neses que matan a muller sen importarlle que os fillos estean diante, e as veces tamén os levan por diante.
Esta é unha época de transación nos roles que viñan desenvolvendo homes e mulleres, e como pasa sempre cos cambios, produce axitacións e hai persoas incapaces de soportalos. Esperemos que pronto a sociedade se afaga a que xa nada vai volver ser coma antes e o acepte. Que moitos homes aprendan a ver o que gañan coa igualdade, e non só no poder que perden.

 
Ás 23/02/17, 09:31 , Blogger Paz Zeltia dixo...

perdoa polo rollo que che soltei. Estabamos con Xela a artista... e xa ves.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio