leoeosseus

xoves, 16 de febreiro de 2017

Soutos, pericos e novos " pedros "



En custión de idioma sempre aprendo e o outro día en Arbo a avoaM dixo: " Salimos dun souto para meternos noutro ", unha frase feita que vén a dicir que saímos dun problema para meternos noutro. Vaia, a tradución perfecta do español: " Salimos de Guatemala para meternos en Guatepeor ".
No choio tamén aprendo e sai que os " pericos " do cabalo son bos para criar miñocas e facer compost. Os " pericos " son os " pedros " de Salceda e, voltas que dan as palabras;  " pedro " ou " pedrolo " tamén é unha nena que lle gusta os xogos de nenos.

Etiquetas:

2 comentarios:

Ás 16/02/17, 19:43 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Em Portugal por palavras que se dizem da mesma maneira, mas querem dizer coisas tão diferentes assim, dizemos que a língua portuguesa é muito traiçoeira. Parece que a galega também é muito traiçoeira.
Um abraço

 
Ás 23/02/17, 09:35 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Encántanme estes refráns. Este non o escoitara nunca.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio