leoeosseus

mércores, 10 de febreiro de 2016

Disfraz de cachimán


Este entruido foi un desastre con tanta auga caída do ceo. Só mirei disfrazadas ás empregadas dos dous Eroskis, nun ían de personaxes de Mario Bros e noutro de polis e cacos. Neste último tiñan un moneco de seguridade chamado Sr. Cachimán que para min significa un home forte, musculoso, un " cachas ". Pero non sabía se era palabra española ou galega así que busquei pola interrede. En español sae co significado de sitio pequeno para gardar cousas. En francés é o nome dunha fruita e logo é o nome dun lugar de Haití. Nun dicionario galego sae co significado de " sátrapa, home astuto e ladino ". Hai que seguir buscando para que apareza alguén da Coruña dicindo que é un tipo cachas e outro de Vigo especificando que di cachimán en galego para un home grande e forte. E tamén o topei nun vocabulario de Muxía.
Mira ti a que altura descubro que cachimán é unha palabra galega !.

Etiquetas:

4 comentarios:

Ás 10/02/16, 09:19 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Tá difícil. Por aqui no Domingo esteve bom tempo e os Corsos saíram todos à rua. Ontem na minha zona esteve bom tempo mas em alguns sítios choveu torrencialmente e os corsos foram adiados para o próximo sábado.
Por aqui a homens grande e fortes chamamos de armário.
Um abraço

 
Ás 10/02/16, 15:51 , Anonymous Rosa Varela dixo...

foi un Entroido ben chuvoso, si señor! Pero con tal de que haxa festa, así chova! A ver se a Semana Santa vén mellor.
Apertas

 
Ás 10/02/16, 20:14 , Blogger Peke dixo...

Eu estiven todo o entroido metida na cama cunha gripe que máis parecía maldición ca enfermidade. Así que tanto me tivo a chuvia, que lle imos facer.

 
Ás 17/02/16, 10:08 , Blogger Paz Zeltia dixo...

pois no meu entorno "cachiman" dicímoslle a un home que está musculado ("cachas")co engadido de ser alto e robusto. Eu sempre pensei que era unha palabra inventada, mestura de dous idiomas, deso que un día alguén fai a gracia, e espállase ("man" de home en inglés, e "cachi" diminutivo de cachas, "cachiman" :)

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio