leoeosseus

xoves, 6 de agosto de 2015

Entre boiras


Apetecíame pegar unha volta e alá fun ata a praia de Patos. A boira do mar cubría a costa así que subín a Monteferro a admirar o mar cuberta pola néboa coas bucinas dos barcos soando por todas partes.
Andei por eses camiños e topei con xente que facía fotos, outros collían moras ( fan ben, no Carrefour venden unhas poucas nunha bandexa por dous euros ), outros pescaban e ata había quen escalaba ao lado do faro.
Eu visitei o cuartel e as baterías abandoadas e fotografei aquí e acolá: as illas Cíes coa boira, as illas Estelas xurdindo e desaparecendo no mar de nubes baixas, unha cruz nas rochas e ata algo que me semellaba un canón tirado no mar.

Aquí vai a reportaxe fotográfica.



 

Etiquetas: ,

3 comentarios:

Ás 07/08/15, 00:26 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Fotos muito bonitas. Parabéns.
Um abraço

 
Ás 08/08/15, 20:59 , Anonymous peke dixo...

Aínda lembro coma se fose hoxe o tempo que vivimos en Montelourido. tiñamos unhas vistas de pánico. Hoxe non me queixo.

 
Ás 10/09/15, 10:23 , Blogger Paz Zeltia dixo...

espectacular a paisaxe da primeira foto, con esa néboa á que ti lle das un nome máis axeitado: "boira", que na miña aldea non se utiliza.

Martín Sarmiento (1746-1755c): Catálogo de voces y frases de la lengua gallega, ed. de J. L. Pensado Tomé (U. de Salamanca en 1973)
boira. Medio portugués. Es la niebla lluviosa.


Porque a acepción que máis sae é esta:

BOIRA
Hoyo que forma la lluvia en los sembrados.
X. Filgueira Valverde, L. Tobío Fernandes, A. Magariños Negreira e X. Cordal Carús (1926): Vocabulario popular castelán-galego (publicado por entregas en El Pueblo Gallego)

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio