leoeosseus

domingo, 19 de abril de 2015

Domingo pola Boa Vila


A andaina de hoxe levounos á Boa Vila onde o loro Ravachol e a igrexa da Peregrina son os símbolos da cidade e así saen retratados xuntos na foto.
Quedamos onda a estatua de Valle Inclán cos amigos e ata ela leváronnos unha muller e o pai dando un paseo turístico polo centro. Xantamos nunha creperie, tomamos un café mentres os nenos agabeaban polas letras VILA e logo fomos á feira do libro. Había contacontos e, aparte, mercamos libros para os nenos  e para min que  non puiden evitar mercar o quinto tomo de O Bichero e máis o libro de Galicia encantada onde sae un texto meu na páxina 47.
Que se lle vai facer se nos encantan os libros ?!.

Etiquetas: ,

3 comentarios:

Ás 20/04/15, 18:43 , Anonymous peke dixo...

Hai tempo que non vou por ela. A ver se temos ocasión. ;)

 
Ás 22/04/15, 13:50 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Tamén é unha das miñas cidades galegas menos coñecida.

(Bo investimento a compra de libros)

Apertas de Antas

 
Ás 22/04/15, 14:24 , Blogger Paz Zeltia dixo...

grazas ao teu post pasei un bo anaco lendo as aventuras e desventuras do famoso loro pontevedrés, que debía ser eu a única no mundo que non escoitara del e, a través del, ao famoso anarquista Ravachol.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio