leoeosseus

xoves, 12 de marzo de 2015

Esperas


Tras varias semanas de esperas por fin apareceu o home que nos vén cambiar o baño.
Facía tanto ruido que se puxeron Leo e Xela na liteira de Leo coas cabezas cubertas co edredón. Nunha destas Xela caiu dalá arriba. Caiu de costas no chan e queixábase da espalda e de que non podía andar. Leveina ao centro de saúde de Vilaguindastre e non lle toparon nada malo pero, por seguridade, millor que a levase ao Xeral de Vigo. Alá fun e tocounos esperar e esperar. Eramos muita xente con bebés e nenos con problemas e, aos poucos, foise despexando o asunto. Xela durmiu no meu colo e só espertou cando estaba unha médica co ela. Fixéronlle unha radiografía e un analise de orina e tivemos que agardar polos resultados e, por fin, ás tres da mañá puidemos volver para casa despóis de estar alí dende as nove.
Foi longa a espera pero o importante é que Xela está ben.
Agora xa ten outra anécdota para contar de maior: non todo o mundo cai dunha liteira de costas e non lle pasa nada !.

Etiquetas:

4 comentarios:

Ás 13/03/15, 10:36 , Blogger Tartaruga dixo...

Ai, que sustos levamos cos pequenos! Dende logo os accidentes poden estar en calquera sitio e cando menos agardamos, sorte que quedou só nalgo que contar.

 
Ás 13/03/15, 20:05 , Anonymous peke dixo...

Alédame que estea ben. :)

 
Ás 15/03/15, 13:16 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Dan moitos sustos, si. E agardar tanto no hospital é unha leria que unicamente se ve compensada cando nos din que non hai nada importante e volvemos para a casa.

O home que vos cambia o baño puido aproveitar a vosa ausencia para rematar a obra e aforrarvos así o ruido infernal que causan (e o pó que deixan!!!). Di un amigo meu que cando un vai falando só pola rúa, unha de dúas: ou está tolo ou ten obras na casa...

 
Ás 15/04/15, 13:49 , Blogger Paz Zeltia dixo...

ai pobriña! e vós, que vaia susto!
pero cun diagnóstico así, xa todo esquece.
espero que polo menos o baño quedara chulo! ;-)

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio