leoeosseus

xoves, 9 de xaneiro de 2014

Misterio grande



Hoxe pasoume unha cousa misteriosa no choio. De crer nas bruxas pensaría que foi cousa dunha. Resulta que apareceu un periódico vello nun estante que emprego eu no traballo. Fixeime e coñecía a portada. O periódico era do 19 de agosto de 2012 e recoñecino porque eu conservo un exemplar desa data. Era o periódico que incluía a esquela de meu pai. Xa sei que todo é unha casualidade pero pasei o resto do día con medo de que me pasase algo. Agora estou na casa e supoño que estou a salvo...e que o demo sexa xordo.

Etiquetas:

5 comentarios:

Ás 09/01/14, 22:42 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

Se eo fose crente, diriate que le reces un pai noso. Polo menos sirve pra recordo o periodico ese.

 
Ás 10/01/14, 01:34 , Blogger Alís dixo...

Se cadra, si non tiveras ese medo e a precaución que leva consigo, teríache pasado algo.
O que está claro é que tiveches presente ó teu pai, e seguramente el quería estar contigo ese día.

Unha aperta

 
Ás 11/01/14, 20:58 , Anonymous peke dixo...

Cousas máis raras pasan sen que indiquen perigo.

 
Ás 17/01/14, 01:40 , Blogger Paz Zeltia dixo...

omo xa lin os outros apuntamentos do blog, xa sei que o do periodico foi casualidade.
inda hai pouco do pasamento do teu pai...un bico.

 
Ás 20/01/14, 00:14 , Blogger abuelacris dixo...

Curioso

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio