leoeosseus

domingo, 24 de marzo de 2013

Vixésimo primeiro mes


A naipela chegou aos vinte e un meses e prosperando en todo. É unha neniña inquieta que está atenta a todo. Non sei de onde saca as forzas para correr e subir a toda canta altura hai. Fala bastante e coñece algunha letra como o "A". Conta á súa maneira: " tinto, sei, oto, noelés ( nove máis dez xuntos )". Antes dicía " quete " como quente para dicir que algo non lle gustaba pero agora xa di "agusta" cando non lle gusta algo ou tira co prato directamente ao chan. Ten muito xenio e chama a toda voz pola mamá ou polo papá. Encántalle Epi e Blas ( "Api Blas ") e os vídeos da " Galinha pintadinha ". Outra cousa que lle gusta é encher papeis de "cícolos " ( círculos ) e de alí pasa a escribir en mobles e paredes. Cando quere algo non dubida en roubarllo ao irmán ou chora pedíndoo.
E así vai, con días alegres como o da foto tirada hai unha semana ou con días pochos como estes últimos días ata que lle meteron onte un soro milagreiro nas urxencias do Xeral para baixarlle a febre da amigdalite vírica.

Etiquetas: ,

5 comentarios:

Ás 25/03/13, 01:24 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Que linda. E que sorriso feliz. Parabéns para si e para sua esposa.
UM abraço e uma boa semana

 
Ás 26/03/13, 20:26 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Ten razón Elvira, si. Esa risa que teñen enche o mundo!!!

Apertas

 
Ás 29/03/13, 13:44 , Anonymous peke dixo...

Parece taaaaan feliz... :)

 
Ás 01/04/13, 00:11 , Blogger Paz Zeltia dixo...

alégrame de que xa non estea maliña, (que sustos dan, va que sí?)
porque dá gusto vela do linda que está.

 
Ás 04/04/13, 12:44 , Blogger matrioska_verde dixo...

o Leo e a Xela están moi guapiños, a verdade... vexe que se crían ben.

biquiños,

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio