leoeosseus

sábado, 17 de novembro de 2012

Premio Liebster




Indo para o traballo levo uns meses topándome de fronte co este cartaz de " Se pensas, existes " e doulle voltas para tratar de adiviñar o significado real. E con tantas voltas descubro que recibir un recoñecemento vía interrede é unha fermosa forma de existir.


Nada, que recibín con sorpresa a estas alturas de decaimento do blogomillo o recoñecemento por parte dunha blogueira que leo asiduamente porque borda as palabras e descúbreme estupendas fotos "vintage".
O premio Liebster Blog ( blog favorito en alemán ) consiste en darllo a cinco blogos que creas que o merezan e que sexan novos ou con menos de douscentos seguidores.
A Princesa Sigrid pensa que o meu blogo é " tenro, doce, marabilloso " e sobre iso non vou dicir nin desdicir nada.
E agora paso a nomear cinco blogos entre un bo feixe dos que podería escoller.
- Vamos a Cantabria. Un galego que retrata e comenta Cantabria cun humor e unha soltura que me alegra o día. Antes tiña un blogo en Galicia que non se quedaba atrás.
Xabres da Teixeira. Un xubilado da Galicia estremeira que fala daquela zona, as súas xentes e os seus pareceres. Ten un galego rico e pouco común.
- A familia dos Tartarouchos. Dunha Tartaruga e un Moucho sae un blogo que desborda cotiandades marabillosas dunha familia que se está ampliando.
- Zeltia. Unha muller que está sempre aí: comentando, apoiando, axudando e aportando. Imposible non nomeala.
- Dilaida. Outra muller con forza que nos retrata o seu mundo que coñece tan ben. Con muito cariño.

Agora quédalles a estes blogueiros mostrarnos cinco dos seus blogos favoritos.

Etiquetas:

7 comentarios:

Ás 18/11/12, 01:23 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Atualizando leituras.
Um abraço e bom fim de semana

 
Ás 18/11/12, 02:05 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Estou feliz por esas palabras que dis de min.!
Tes razón niso de que o blogomillo vai en decadencia... nada perdura, xa sabes, todo se renova.
Pero aquí seguimos algúns que nos resistimos. E nestes anos xa fun vendo cerrar uns cuantos blogs e cambiando de lecturas. Con estes que tí mencionas no post de hoxe terei a oportunidade de coñecer algúns novos.
Pero terei que rachar a cadea! porque hai uns días que xa publiquei unha entrada eu tamén, que me chegou este premio por outro lado.:
http://zeltiavertida.wordpress.com/2012/11/09/es-de-bien-nacido-ser-agradecido/

Eu puxen 5 de poesía, pero non dos "grandes" con moitos seguidores, que se trata de que outros blogueiros os coñezan... inda que tamén eles racharon a cadea :-(

Moitas gracias unha vez máis, Pedro.

 
Ás 18/11/12, 21:42 , Blogger paideleo dixo...

É verdade, non o lembraba.
Pero mereces o premio por partida dobre, va que si ?.

 
Ás 18/11/12, 23:30 , Blogger abuelacris dixo...


Paso para darvos un abrazo, grazas por todo e bicos para todos.
Avoa Cris

 
Ás 19/11/12, 11:22 , Blogger matrioska_verde dixo...

alégrome moito por Zeltia e Diladia, que son os blogs que coñezo... aínda que seguro que os outros (si ti os recomendas) serán bós... pero é que non poido engadir mais blogs para leer, non me da o tempo... prefiero manterme fiel ós de sempre...

a mín tamén me parece o teu, un blog tenro e cercano...

biquiños,

 
Ás 19/11/12, 20:47 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

Despous de un par de dias alonxado das Rias Baixas, atopome cun agasallo.
Moitas grazas. Unha aperta.

 
Ás 20/11/12, 17:18 , Blogger Dilaida dixo...

Moitas grazas polo agasallo, xa sabes que para min o teu blog tamén é un dos meus preferidos.
Bicos e de novo grazas.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio