leoeosseus

mércores, 4 de xullo de 2012

Aínda aprendendo


Gústame aprender palabras e frases novas e así aprendín a semana pasada " poufeiro " que é un bebé oposto a como é Xela, ou sexa; poufeiro é un bebé fortoche, tranquilo e que apenas se move.
Tamén aprendín no choio a frase " aínda Dios non é vello " que vén a dicir que aínda hai tempo para que ocorra algo.
A ver se o da pintada da foto aprende máis vocabulario e de paso un pouco de educación para escribir onde é debido.

Etiquetas:

7 comentarios:

Ás 04/07/12, 01:10 , Blogger Paz Zeltia dixo...

jaja xa dicia eu que esas palabras da pintada xas tiñas que coñecer de antes...

poufeiro eu no escoitara nunca...

 
Ás 04/07/12, 01:56 , Blogger Dilaida dixo...

Poufeiro eu coñézoa pero aplicada a xente maior "home que fai todo con calma e devagar, sobre todo se é persoa pequena e gorda"

Bicos

 
Ás 04/07/12, 11:03 , Blogger X dixo...

O que máis me chama a atención é o etc. final con punto e todo, non cadra co anterior.
Apertas para toda a familia.

 
Ás 04/07/12, 21:50 , Anonymous peke dixo...

Eu tampouco coñecía a palabra poufeiro. Curiosa.

 
Ás 05/07/12, 10:24 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

Eu tamén tiña unha vaga idea de "poufeiro", para alguén moi pousado. Pero o que si coñezo ben son as POUFEIRAS da Confitería Regino de Ponteareas: deliciosas!
http://bretemas.blogspot.com.es/2006/04/mis-sobre-o-pan-durmido.html

 
Ás 05/07/12, 21:06 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Aínda se escribiran un poema...;pero sempre lles da o demo ideas para o mal, carallo!

 
Ás 24/07/12, 11:14 , Blogger matrioska_verde dixo...

nunca entendín, nin entenderei que gusto teñen aqueles que pintan calquera cousa que se lles poña por diante... e mais para escribir sandeces.

¡danme pena!

biquiños,

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio