leoeosseus

domingo, 24 de xuño de 2012

Primeiro ano



Hoxe fixen o meu primeiro aniño como me gusta mostrar co meu dediño a quen mo pregunta e cando eu quero, claro está. Onte non fun ás fogueiras, nin roubar cancelas, nin comer sardiñas pero gocei da actuación dos Cantajuego en Pontevedra. Hoxe erguinme con ganas de festa ás oito da mañá, logo da tetiña tocou xogar co meu pasatempo favorito: encaixar uns paus nun buraco, berrar para que mos saquen e volver encaixalos. Despóis meu pai levoume mercar pan e rosca e logo quedei durmida na casa ata a hora de viaxar a Arbo. Alá xantamos todos e houbo candea de aniversario que sopraron a avoaM e a bisavoa Celia que están de aniversario no mesmo día. Despóis gocei dos colos, das galiñas e das camiñadas diante da casa. Máis tarde tocou durmir unha sesta que a tarde ía ser longa e cando espertei xa estaba meu irmán Leo nunha piscina pequena gozando da auga. Sacáronme a roupa e puxéronme un gorro e alá me metín eu tamén. Chegou a merenda e o resto dos invitados e os agasallos: unha moneca coa súa silla de paseo, dous contos, unha casa con figuras para encaixar e un chándal. Tamén Leo recibiu algúns agasallos por rematar o seu curso. E pasou a tarde comigo brincando dun lado para outro e sen querer saber para nada da torta de chocolate.
Agora estou durmindo coma unha bendita que ben o merezo.

Etiquetas:

7 comentarios:

Ás 25/06/12, 01:07 , Blogger Dilaida dixo...

Feliz primeiro aniversario a Xela.
Biquiños

 
Ás 25/06/12, 11:10 , Blogger matrioska_verde dixo...

non é de extraño, despois de facer tantas cousas que rematara cansadiña.

moitas felicidades.

biquiños,

 
Ás 25/06/12, 12:59 , Blogger Peke dixo...

Moitas felicidades, pequechiña.

 
Ás 25/06/12, 13:34 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

Fermoso post, Pedriño.
Pódese ver como babeas entre liñas, e é que está para comela!
Que siga así de sa e feliz.

 
Ás 25/06/12, 16:20 , Blogger mfc dixo...

Olha que linda que ela está!!
E já faz um ano??
Também tenho dessas mantas para nos sentarmos nelas quando fazemos um piquenique fora de casa...e que bem que sabe!!
Abraços.

 
Ás 25/06/12, 17:52 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

Parabens a miña debilidade Xela. É a segunda debilidade, a primeira teñoa na casa. ¡Non via ser que se me colla ciumes!

 
Ás 28/06/12, 00:14 , Blogger Paz Zeltia dixo...

ah, mira varias mulleres da familia de aniversario no mesmo día!, parece cousa de maxia!

o día do seu primeiro´aniversario estivo cheíño de actividaders!!

non creo que, para nada, botases de menos roubar cancelas
:-)
os meus parabéns nun acontecemento tan grato.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio