leoeosseus

sábado, 14 de xaneiro de 2012

Xaneiro lixeiro


Corre lixeiro este mes e xa case esquecemos as festas de Nadal.
O Leo tivo os seus altibaixos no comportamento nas vacacións pero aínda recibiu agasallos do rei da madeira ( como chama ao Apalpador ) e dos Reis Magos.
Agora semella que asentou un pouco e aparenta un homiño.



Xela está activísima. Saíronlle os dous sachiños de abaixo e hai algún outro dente que a fai rabear e que meta todo na boca. Non ten paraxe e hai que cambiala de sitio e de actividade. Empezou coas verduras e gústanlle máis que a froita. Estivo bastante atascada de moquiños aí atrás pero millorou. Mantense sentada a ata di abur fechando as mans.



E co ano novo todo evoluciona e ata atopo que o galego se está arxentinizando un pouco nos folletos de mobles.

E segue este xaneiro lixeiro.




Etiquetas: , ,

12 comentarios:

Ás 14/01/12, 23:45 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

Aledame que o Leo xa sea mozo. Parabens. O da tocaia da miña muller, a Xeliña, ¡amigo, coido que é unha cousa bonitiña, pata case comela! Vese preciosa.

 
Ás 15/01/12, 00:54 , Blogger Dilaida dixo...

Están os dous moi fermosos, Xela cada día parécese máis a Leo.
Pois tes razón coa propaganda, se a fixo un arxentin@ pois ten un pase, o malo é se esta feita por galegos, non me estrañaría.
Bicos

 
Ás 15/01/12, 12:51 , Blogger Paz Zeltia dixo...

lEO é normal que nas vacacións estivese algo alterado no compportamento: non hai cole, espéranse os agasallos, todo muda.
Como ti dís, vese un homiño xa.
E a nena... pois agora, sabes tí que non lle vexo parecido contigo? polo menos nesa foto. Claro que, para min, como non sexa unha calcomanía ... xa non me entero.
Encántame esa mestura de arxentino e galego, pois sí, imaxino a un guapo mozo arxentino dicindome iso ao entrar na súa tenda de mobeis, e eu regálolle o aprobado, aínda que só sexa polo esforzo adaptativo.

 
Ás 15/01/12, 13:25 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Eu tamén me altero nas vacacións. Debo ser da quinta do Leo!
(Aquí o xaneiro está sendo xeadeiro, como di o refrán)

Apertas

 
Ás 15/01/12, 20:53 , Anonymous peke dixo...

Están os dous estupendos, cada un na súa idade. Parece mentira que aquel lorzudo que sacaches un día na bañeira (creo) estea feito un minimociño espelido e lanzal. E a pequecha, para min, non se parece a ti, pero en fin...

 
Ás 15/01/12, 21:14 , Blogger mfc dixo...

estão os dois óptimos...lindos e a sorrirem!
Qua a vida lhes seja sempre leve, são os meus sinceros votos.

 
Ás 16/01/12, 06:00 , Blogger Concha L. F. dixo...

Cando pasan de estar a diario na escola e en mil actividades e se ven na casa, aínda que se lles preste atención, sempre dan en revolver todo...

Simplemente son crianzas. Se sempre fosen perfectas, ata pensariamos que están enfermas, ou algo así.

Bicos para todas e todos.

 
Ás 16/01/12, 09:04 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

Están fermosos os dous, e quen non se altera nas vacacións? Se é normal en nós, imaxina nos cativos...
Por sorte, a volta á normalidade fai que a agua volva ao regho.
Bendito xaneiro xeadeiro!

 
Ás 17/01/12, 13:27 , Blogger matrioska_verde dixo...

Xaneiro lixeiro semella o primer verso dun poema que sería fermoso… si eu soupera facer poemas o compoñería.
A vida vai indo, e vese nos nenos que ben… semellan felices.
Biquiños,

 
Ás 19/01/12, 19:18 , Anonymous Anónimo dixo...

A min non me parece que corra tan lixeiro Xaneiro, que aínda sinto saudades do Nadal. O Leo, coma todos os nenos, parece un santo nas fotos e fóra da casa, pero dentro é normal que se descontrole, principalmente á espera de Apalpadores e Reis.
E da nena que dicir se non que está lindísima.

 
Ás 22/01/12, 11:28 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

¡Que guapos! Muchos besos familia
Abuela Cris

 
Ás 24/01/12, 01:23 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Que linda está sua menina. Com uns olhos muito parecidos aos do irmão.
Crescem lindos, Deus os proteja e lhes dê um futuro risonho.
No Coisas Minhas está uma foto da minha neta, prestes a fazer 3 anos.
As crianças são a nossa alegria.
Um abraço

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio