leoeosseus

sábado, 21 de xaneiro de 2012

Islandof



Islandof case semella humano. Gústalle comer e máis se é polo papo. Gústalle cruzarse con membros doutro sexo anque pensase que en Cuba andarían detrás do seu corpo e non detrás da súa faltriqueira. Gústalle o cazo e máis a dúas mans e sen achantar. É trampulleiro, trapalleiro, faltón, botaporelas, peneque e mafioso. Case semella humano se non fose polos resultados médicos. Deulle o dobre de colesterol e sete veces o número de triglicéridos e os médicos quedan abraiados co que ten que aturar o seu corazón. Eu deille o consello de que se cuidase que é gratis e dime que a auga é mala que hai que mirar como deixa os camiños.

Alá el que xa é maiorciño !.

Etiquetas:

9 comentarios:

Ás 21/01/12, 22:47 , Blogger mfc dixo...

Olha que sapo mais giro!!
É mesmo daí?!
É que é um pouco diferente dos daqui.

 
Ás 22/01/12, 00:19 , Blogger Dilaida dixo...

O da foto que mira para min, leva roupa de camuflaxe?
Dáse uns aires ao esposo dunha real infanta, que fermoso e que listo é o condenado!
Bicos

 
Ás 22/01/12, 15:03 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Teño un problema cos sapos: fanme poñer a pel de pita únicamente con miralos. E mira que nunca mal me fixeron, pero é unha das miñas fobias que conservo dende que teño acordo.

 
Ás 22/01/12, 17:03 , Anonymous vakastolas dixo...

Se pecha os ollos non o vemos. Que cousiña!(supoño que con esa pinta de "tipo duro" que ten, o de cousiña non lle gustará moito). Un saúdo.

 
Ás 22/01/12, 19:45 , Blogger mfc dixo...

Pois digo-te que nunca tinha visto nenhum assim.... cinzento e enrugado como este!

 
Ás 23/01/12, 19:18 , Anonymous Raposo dixo...

O sapo de guapo non ten nada pero o podes levar a horta que che pilla moitos insectos.

 
Ás 23/01/12, 21:50 , Blogger Aldabra dixo...

tamén pensei no apelido deste famoso que anda agoraen xuízos, supoño que polo feo do asunto , igual que feo é o animaliño.
biquiños,

 
Ás 24/01/12, 06:42 , Anonymous A nena do paraugas dixo...

Pois a ver se chove dunha vez e empezan a ruar máis a miúdo, que cómpren moitos para eliminar os bichos varios que estragan as colleitas desta terra!

 
Ás 25/01/12, 13:27 , Blogger Paz Zeltia dixo...

pois eu estou desconcertada, que non lle pillo a relación ao sapo, ao título ao texto.
jo, síntome torpe. :-(

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio