Chocos e mostros
Estes días atrás retirouse na torredocaminho o " Manitas malfalado ". Así que hoxe trouxo empanadas de chocos " da casa " ( pescados polo fillo ) e viño e estaba todo mui bo e seino de primeira man porque me tocou traballar muitas horas e comín nos dous tempos para o taco.
O malo foi que hoxe botei pouco tempo coa familia. Iso si, o Leo tivo tempo para ir apagando as luces da casa na noitiña e dicirme: " Ahora vai vir un mostro e vaite levar ao traballo outra vez ".
Menos mal que todo quedou na imaxinación do neno e nos nosos risos !.
Na foto sae unha das últimas notas típicas que deixaba para Ross Jonander.
Etiquetas: leo VII, traballo III
6 comentarios:
E increible, mais os galegos, casteláns faceis mais erros coa V e a B, ca eu, unha portuguesa de pacotilla jejeje
E Leo ten razón, son os mostros que nos levan o traballo,jajaja
Agora que lein, esta nota ----recordo a que fai tempo atopei nunha vella porta en Santiago.A copio tal cual...
Alkilo avitacion ou casa biega, dame lo mesmo.....es para bibir.
Apertas.
Hummmm... chocos!!
Que prato tão bom!!
Inda lle habedes botar de menos as notas, como pasa sempre. Polo demais, sinto envexa desa empanada de chocos.
Eu sempre me apuntarei a unha empanada (con tal de que non sexa de zamburiñas, que lles teño tanto aprezo que non as quero comer...)
[Quen vai avisar agora ao despistado de Ross Jonander!]
Os vósos xubilados sí que saben convidar! [nada de mariconadas]
Rinme por dentro co conto do Leo, mira que rápido adiviñou cales son os monstros de cada quen!
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio