leoeosseus

martes, 1 de marzo de 2011

Reino de tellados e pombas


Unha área de traballo que cubro agora é o reino dos tellados e pombas e unha das funcións nada agradables que teño é limpar a cachicha que acumulan estes animais.
Eu trato de axotar as pombas pero é angueira inútil tendo como teñen aquí acubillo e comida a fartar. O outro día levei unha sorpresa cando mirei unha delas ben mantida e lustrosa cun peteiro groso e unha anilla verde nunha pata. Pregunteille a un compañeiro que ten unha pegatina dun club colombófilo no coche e explicoume que debía estar cansa dunha solta que fixeron en Portugal de pombas viaxeiras. Contoume máis cousas e collinlle ata algo de cariño ao raio da pomba. Pensei que só ía botar dous ou tres días para recuperar forzas pero xa levaba aquí máis dunha semana. Dei en pensar que estaba ferida ou perdida e sentín mágoa pero o compañeiro alegroume un pouco. Díxome: " - Nin está cansa nin nada. O que pasa que está farta de competir e sacou unha novia aquí que xa a mirei carretando pauciños; chámalle parva ! . "
Pois só me queda dicir que lle dure anque teña que limpar unha pouca máis cachicha.

Etiquetas:

6 comentarios:

Ás 02/03/11, 12:42 , Blogger mfc dixo...

Até os bichinhos gostammm... ái não?!

 
Ás 02/03/11, 12:48 , Blogger Dilaida dixo...

Será que lle gustou esta terra para traer a súa familia ao mundo, elas non saben de fronteiras.
Bicos

 
Ás 02/03/11, 14:48 , Blogger Paz Zeltia dixo...

ao final entereime dunha chea de cousas das palomas!
e palabras novas, coma sempre.
E non sabes canto cho agradezo, aínda que leo algo en galego, é dificil ampliar vocabulario. O meu está reducido ó falar dunha rapaza pequena nun ambiente rural onde tampouco trataba con persoas moi cultas.
Moitos dos teus posts teñen para min o interese engadido dos nomes que se lle dan a distintas etapas dos labores rurais habituais.

 
Ás 02/03/11, 23:03 , Blogger Alís dixo...

Paréceme bonito que asumas a limpeza de máis cachicha (o que non debe ser agradable) por non romper un romance pombeiro. Fala ben de ti.

(Estou lista para contar o que insinuei alá por xaneiro)

Bicos

 
Ás 05/03/11, 12:30 , Anonymous Anónimo dixo...

Pois que quere que lle diga: eu de aves sonlle moi pouco, e son dos que pensan que as pombas son ratas con ás, auténticos parasitos.
Canto á cachicha, seguro que sabe que é moi corrosiva.

 
Ás 08/03/11, 00:34 , Blogger elfiña dos soños dixo...

boas!! canto tempo! xa vin as fotos de Leo está enorme. Vaia coas pombas. Pero bueno é un choio. Xa escribin un chisco máis, pero a imaxinacion ainda nada un pouco atascada. ata outra. elfiña

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio