leoeosseus

mércores, 9 de febreiro de 2011

"L" oculto


Hai polo menos dous blogos que falan do erro gramatical de leite " galega ". Eu penso que aí non di " Galega 100% " senón " Gallega 100% ". Hai un "L" oculto no debuxo do leite caíndo. Parece como se os publicistas quixeran quedar a ben con deus e co demo.

Etiquetas:

11 comentarios:

Ás 09/02/11, 13:29 , Blogger Paz Zeltia dixo...

pois vas ter razón.
pero non caíron na conta da diferencia do xénero.
eche difícil nadar e gardar a roupa... ó final non se contenta a ninguén.

 
Ás 09/02/11, 13:29 , Blogger edu dixo...

a min o logo non me presenta dúbida ningunha: di "gallega". porque, en realidade, os publicistas non teñen falta quedar ben con deus e co demo. con quedar ben co demo chégalles.

 
Ás 09/02/11, 13:52 , Blogger Bolboreteira dixo...

Penso que tes toda a razón.Tamén vexo gallega.
Biquiños!

 
Ás 09/02/11, 14:40 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

Di Gallega. Se non me trabuco se fora en galego diría o leite galego, ¿ou non?

 
Ás 09/02/11, 15:52 , Anonymous A nena do paraugas dixo...

Coincido con todo, pois alguén esqueceu que LEITE é unha palabra de xénero masculino...

Claro que por aquí o do galego non se leva moi ben que digamos...

Un saúdo

 
Ás 09/02/11, 19:31 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Si, agora veñen dicindo que se referían "á marca" galega. Entón para que raio esoutra L oculta?. Eu penso que non se pode repenicar e máis ir na procesión.

Apertas

 
Ás 09/02/11, 20:04 , Blogger Dilaida dixo...

O folleto que sacaron explicativo está cheo de erros.
No meu blog Dúbidas sobre a lingua teño unha entrada sobre eses erros http://airareymarisol3.blogspot.com/

A min o que me ten "mosqueada" é que ninguén da oposición fala diso, eles gastan os cartos dos galegos en folletos cheos de erros, utilizando a lingua incorrectamente, e aquí como se non parase nada.
E si, estou de acordo contigo en que é un L disfrazado.
Bicos

 
Ás 09/02/11, 22:56 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Sinxelamente eu véxoo bilingüe, si é iso
Avoa Cris

 
Ás 10/02/11, 12:31 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

Que malos sodes: erros pode telos calquera...
Pero tantos e tan graves?
Por desgraza non é o único "produto galego de calidade" mal chamado
http://www.blogoteca.com/snlredondela/index.php?cod=87944

 
Ás 12/02/11, 11:43 , Blogger fonsilleda dixo...

Terás razón.

 
Ás 18/02/11, 18:05 , Anonymous Acuática dixo...

Vai ser que si. En publicidade cóidase cada detalle. Alguén decidiu enviar unha mensaxe ambivalente. Ui!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio