leoeosseus

sábado, 13 de novembro de 2010

Quen lembra ?


Quen lembra que un día coma hoxe hai nove anos o mar rompía en dous o petroleiro Prestige ?.
E quen lembra que a raíz diso o alemán de Camelle sufriu ata morrer de alí a pouco ?.
Quen pensa nas mil voltas que deu ( e dará ) para adiante e atrás o museo de Man ?.
Quen lembrará dentro de nove anos que o temporal destes días atrás desfixo practicamente a obra de Man ?.
Postdata: onde pon nove anos é oito anos. Graciñas, Alís.

Etiquetas:

14 comentarios:

Ás 13/11/10, 22:47 , Blogger Eulogio Diéguez Pérez (Logio) dixo...

O tempo fai esquecelo todo así que haberá que darlle publicidade a túa entrada para refrescala memoria.

 
Ás 14/11/10, 01:07 , Blogger xenevra dixo...

Parece que o mar segue enfadado con nós, e non facemos nada por evitalo. Parece que non queremos ser cosncientes de canto lle debemos. Seguimos indo de costas.

 
Ás 14/11/10, 10:34 , Blogger Mer dixo...

É unha mágoa pero a natureza é así.
Tornou o verdadeiro dono ao seu fogar

 
Ás 14/11/10, 11:49 , Anonymous Anónimo dixo...

A traxedia, ademais do naufraxio, a marea negra e a iniquidade das autoridades do PP na altura, foi a morte do pobre Man.
Morto el como morreu, o seu museo talvez careza de sentido. O mar está recuperar o seu diante da indiferenza dos homes.

 
Ás 14/11/10, 13:31 , Blogger fonsilleda dixo...

Ainda somos algúns os que lembramos.
A Man e a todo o demais.
Bicos.

 
Ás 14/11/10, 17:26 , Blogger Unknown dixo...

Ainda non oira nada do "aniversario" da traxedia do Prestige. E xá pasaron 9 anos, a mim pareceme que foi anteonte...

Bicos

 
Ás 14/11/10, 17:32 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

Eu lembro moito o afundimento do Prestige polas súas consecuencias...
pero sobre todo porque eu estaba de 8 meses e medio de Uxía e Xesús estaba ingresado no Xeral con meninxite.
Por sorte as dúas cousas resolveron ben, pero sempre irán unidas a ese afundimento.

 
Ás 14/11/10, 18:04 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Sendo como son de terra adentro, nunca esquecerei aquela cadea de erros tan tremendos, aquel cuspirlle ó mar co vento en contra, aqueles "pequeños hilillos". Imposible esquecelo. Nunca Máis.
(Como pasa o tempo)

 
Ás 14/11/10, 18:15 , Blogger Paz Zeltia dixo...

o de Camelle dame peniña, pero é case unha nostalxia dun pasado: unha persoa que fixo dun lugar a sua forma de vida, e morto él, a súa obra esmorece, tampouco foi feita para perdurar...
pero o do Prestige é moi diferente, esquecerá unida a cadea de intereses, erros e desidias que os gobernos e autoridades, co noso consentimento, acugulan...
e mentres, os recursos naturais a desaparecer,o planeta tamén a morrer, nesta similitude co alemán de Camelle...

 
Ás 14/11/10, 21:52 , Blogger Dilaida dixo...

Así che é a vida ...
Bicos

 
Ás 15/11/10, 06:44 , Anonymous A nena do paraugas dixo...

É unha mágoa que a obra de Man se destruíse, primeiro con chapapote e logo pola forza da auga. É coma se o mar non soportase ver tanto traballo estragado pola negrura e quixese borralo para sempre.

Esquecer o Prestige? Hame resultar difícil. No corredor da casa teño tres fotos que mo lembran a cotío e que están presentes para quen entra nela, pois penso que o dano feito á natureza foi tan grande, como grandes as mentiras que se contaron daquela.

 
Ás 15/11/10, 16:28 , Blogger Alís dixo...

Eu lembro. Por moitas razóns non esquecerei nunca aqueles días de hai OITO anos. Qué rápido pasa o tempo e qué feble volve á memoria.

 
Ás 15/11/10, 21:03 , Blogger matrioska_verde dixo...

Pois mira, o do Prestige líno nun blog, e teño que decir, para seres franca, que non o recordaba. E o de Man, tamén o lín nun blog. Deume mágoa. Eu nunca estiven en Camelle e si algún día vou xa non será igual coñecer ese lugar, con Man, sin Man, e sin ningún rastro da obra de Man.

 
Ás 16/11/10, 08:47 , Anonymous F. Míguez dixo...

Eu, máis que lembrar, temo. Cos temporais destes días, non me pasaba outra cousa pola cabeza que «xa logo lle debe de tocar outra vez». A ver se non.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio