leoeosseus

mércores, 18 de agosto de 2010

Laxe



Laxe foi unha casa de pedra nun labirinto de ruelas empinadas e estreitas e sen sinais de tráfico.






Laxe foi unha praia de area branca, auga quente ( si, quente ), vento sen descanso e ceo azul con carreiras de nubes.



Laxe foi unha chimenea ecolóxica que bota árbores á capa de ozono.




Laxe foi unha camiñada a unha ermida nun alto cunhas boas vistas por diante e por detrás.

E Laxe tamén foi festa con pistolas de pompas de xabón, moras para o Leo ou mercar un libro do fotógrafo muxián Ramón Caamaño.
En definitiva, Laxe foi outra fin de semana para meter no baúl das lembranzas.

Etiquetas: , ,

9 comentarios:

Ás 18/08/10, 17:06 , Anonymous Alex Ghalpon dixo...

Laxe foi un campamento de verán, foi unhas xoubas fritidas, foi un cheiro a mar.
Bicos salgados

 
Ás 18/08/10, 17:30 , Blogger matrioska_verde dixo...

pois mira ti que eu nunca estiven en laxe e lle teño gañas... calquera día escapámonos congo e mais eu.

biquiños,

 
Ás 18/08/10, 20:06 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Laxe foi un refrexo da lúa chea na branquísima area da praia en inverno. Bágoas de sal de contento arrincadas polo vento.
Laxe foi unha promesa de voltar que ainda non cumprin.

 
Ás 18/08/10, 20:53 , Blogger Mer dixo...

jo.er, se eu ía ir hoxe a Laxe, ao final non fun porque cando espertei chovía, irei mañán ou pasado, qué coincidencia!!!

 
Ás 18/08/10, 21:35 , Anonymous A nena do paraugas dixo...

Pois eu terei que voltar por alí algún día. Hai tantos anos que fun que xa nin me lembro. Só da brancura da area.

Bicos, tamén para Leo.

 
Ás 18/08/10, 21:37 , Anonymous Mr Tichborne dixo...

Que morriña e envexa me vés de meter! Laxe é a terra dos meus pais e aínda estiven por aló hai tres semanas. Laxe é un lugar ó que voltar. Laxe son micas de area branca pegadas á pel. Laxe é a casa da avoa. Laxe é o nordeste que non para. Laxe son tantas cousas.
Iso si, ou moito cambiaron as correntes ou a auga da praia adoita estar xeada!
Grazas por este reporte.
E por se queres botar un olliño
http://www.flickr.com/photos/deningures/sets/72157624636838194/

 
Ás 19/08/10, 14:57 , Blogger Bolboreteira dixo...

Pois eu tamén quero algo de Laxe, teri que ir por aló.Outra cousa para a axenda.
Fermosa entrada.
Bicos

 
Ás 19/08/10, 21:23 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

E Laxe tamén foi Portosás...

(Seguide enchendo o baúl das lembranzas con cousas tan fermosas. Así sempre dará gusto abrilo)

Apertas de Antas

 
Ás 22/08/10, 00:11 , Anonymous Anónimo dixo...

E Laxe en resumo foron unhas vacacións estupendas que todos podemos desfrutar un pouquiño grazas ao blog.
Ben chegado

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio