leoeosseus

luns, 30 de agosto de 2010

Corenta e sete meses ( e tres días )


Pasa o tempo pero non esquezo o mesario de Leo. Pasou a data polo mesmo motivo polo que non posteo muito en agosto: paseos, acampadas, praia, visitas, traballo e poucas ganiñas de arrimarse ao ordenador fixo que non postease.
Ao que ía; o Leo quere cumprir catro anos e pregunta cando é o seu aniversario para celebralo no parque de bolas. Está rebelde e só a ameaza de quedar sen festa logra dobregalo. Come pouco e dándolle. O asunto das necesidades lévao mal.
No resto vai ben: relaciónase ben anque monta encima da xente que topa no sofá. Fala seguido e distingue bastante ben as dúas linguas e pregunta muito por palabras en inglés. Sigue falando só mentres xoga e faino bastante en castelán e inventando palabras.
E o pequeno segue medrando e mudando !.

Etiquetas:

8 comentarios:

Ás 31/08/10, 11:29 , Anonymous Anónimo dixo...

Non fai falta que xure que o Leíño pasou o vrao coma un león, porque xa se ve na foto. Parabéns, unha vez máis

 
Ás 31/08/10, 17:25 , Blogger Unknown dixo...

Xa va sendo hora que contes en anos,jejeje
De mesario a anuario,jeje

Vese-o xenial ( esto escribrse asi???)

Bicos

 
Ás 01/09/10, 00:49 , Blogger fonsilleda dixo...

Fermoso rapaz. E parece ben ledo.
Gústame.
Bicos.

P.D. Sei que estou en débeda cos comentarios. Fareino.

 
Ás 01/09/10, 01:14 , Blogger Paz Zeltia dixo...

pois tí dirás o que queiras... pero a mín paréceseme a tí

xa vai grandiño!

[cando dixeches o de que está rebelde, lembráchesme ó meu cativo; tivo aos catro anos un cambio de carácter bastante grande, asomoulle a súa persoalidade agochada!]

 
Ás 01/09/10, 10:01 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Grazas mestre, sempre tan atento, un bico moi grande para Leo e tamén para ti e para Ana.
Avoa Cris

 
Ás 01/09/10, 15:11 , Blogger Mer dixo...

está ENORME!! hai tanto que visito o teu blog?

 
Ás 01/09/10, 20:37 , Blogger matrioska_verde dixo...

si que se ve grande, con respecto das primeiras fotos que vín del no blog.

biquiños e felicidades.

 
Ás 02/09/10, 05:49 , Anonymous A nena do paraugas dixo...

Vexo que Leo está feito un campión. Ten que coller forzas que xa logo empeza a escola.

Un biquiño para el e outro para o pai de Leo.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio