Día internacional do libro
Hoxe celébrase o día internacional do libro e o Leo tivo intercambio de libros cos compañeiros de clase.
Eu non celebrei de maneira especial esta data anque si collín o Quixote que teño en cómic e lin capítulos de " A da alba sería ", unha terceira parte do Quixote onde o cabaleiro e o seu escudeiro chegan a Galicia; que é unha obra que recomendo a quen guste de ler obras dese estilo e guste de coñecer curiosidades de Galicia.
Á noite non lle lin nada do Quixote ao Leo anque si os tres contos da biblioteca que lle tocan esta quincena. Xa lle chegará o tempo a el de ler cousas máis profundas.
8 comentarios:
El primer libro que leí que titulaba El hijo de Nostradamus, luego vinieron las de Dumas, Salgari, Verne y asi sucesivamente ahora me deleito con autores modernos. El hecho que de niño leyese libros de historias fantasticas me hizo reacio a leer el Quijote. Intente unas dos o tres veces más fracase en el intento. Posiblemente me debo estar perdiendo buenas cosas, más mi espiritu mas se inclina por Ustinov.
pois eu debo ser a única persoa en espannnnna que non chegou a ler enteiro el quijote. (saltaba páxinas enteiras)supoño que non era o momento.
coma para o Leo
;-)
Xa lle chegará o tempo a el de lerche contos, de contarche contos, e de durmirte con contos ;) Tomo nota da recomendación porque non coñecía o libro. Do Quijote, creo que como moita xente, quedei na aproximación de Martín de Ríquer, que me serviu para aprobar. É unha obra que nunca tirou de min, non sei por que. Ao mellor prexuízos... Un bico para o Leo e un conto dourado para as súas tardes de biblioteca.
Pois tampouco tirou de min, como lle pasa a Xenevra. Poda que aínda non me chegase o tempo tampouco a min... :-)
Apertas
Verá como pronto chega o día en que o neno empece a recomendar ao pai os libros que debe ler; a miña está a facer unha lista dos que ten na casa da súa mai e traerá aquí este vrao nas vacacións
Certo que teño algo de medo
Olá Paideleo.
Parabéns, moi especialmente polo video de eufalo.tv. Que sexa por moitos anos. Polo demais... un día polo outro e aínda non che enviei o enderezo polo tema do libro... cousa que non sei se (aínda) existe.
Enfin. Que teñas un bo 25 de Abril
Ola familia Que tal polo novo castelo? Xa vexo que vos relacionades nada menos que co mismísimo D. Quixote.
Moitos bicos para leo e os seus papás
A.Cris
a min gustame lerlle a nena...a pesares de que so ten seis meses. agora estamos con ola estupido monstro peludo...Saúdos super pai. A coidarse
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio