leoeosseus

venres, 11 de setembro de 2009

O meu 11 - S


Hai datas que quedan gravadas a ferro na memoria e unha delas é o once de setembro de 2001. Naquela data estaba a miña muller nos EEUU en casa duns familiares e fun ao bar dos meus sogros a ver se había chamadas dela. Entrei no bar cando tiñan o telediario posto e saía a primeira das torres xemelgas ardendo e preguntei que pasara. A avoaM díxome que chocara un avión contra a torre e coincidimos en dicir que semellaba unha película de ciencia ficción e, nese xustiño momento, miramos na tele como outro avión chocaba contra a outra torre. Quedamos extrañados pero eu non lle dei máis importancia. Á tarde fun á Freixa ( na foto ) con avoaE e kasege e esquecín o asunto. Logo voltei a Vilaguindastre e fun a un cíber antes de ir traballar de noite. Na interrede puiden observar o alcance dos " accidentes " e o caos no que acabariamos metidos todos a partir dese día. A miña muller tiña o vo de regreso para Galicia o día 13 e tivo que permanecer alá ata o 20 e só ela sabe o medo que pasou cando subiu no avión.
Quero que quedo aquí constatado para Leo cando teña máis coñecemento e poida vivir algo que non viviu.
E ti; como lembras esa data ?.

Etiquetas: ,

14 comentarios:

Ás 11/09/09, 23:22 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Hai duas datas que vivín acojonado diante da TV. Unha foi o 23-F e outra o 11-S.
Ainda que era máis conscente na segunda, en aquel momento non fun capaz de medir o alcance do asunto no preciso instante.
Ademáis unha rematou "ben" e a outra foi unha masacre.

Fixeches unha excelente referencia para o Leo. Gústame moitísimo a imaxe que elexiches, precisamente, para lembralo.

Unha aperta dende Antas

 
Ás 12/09/09, 03:00 , Blogger Nébeda Piñeiro Barros dixo...

Creo que a todos nos pareceu ciencia ficción... 8 anos despois e na zona cero, comezo a saber que foi verdade.


Bicos, Pai.

 
Ás 12/09/09, 09:05 , Blogger HADEX dixo...

Eu traballaba nun bar e estaba en plena hora de cafés. Sempre vía Lo más plus a esas horas. Pero entrou un cliente e me pediu que puxera un telediario. Estiven toda a tarde vendo a tv sen poder dar crédito. Para min o máis impactante foi velas caer coma se foran de area....

 
Ás 12/09/09, 10:04 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Son de esas datas nas que todo o mundo lembra o que estaba a facer nese momento.

Eu acababa de empezar a traballar pola tarde, e tiven unha chamada dunha amiga, para contarmo. Chamoume toda asustada, pero pensen que non sería para tanto. Logo chamoume dúas veces máis para contarme o da caída das torres.
Foi verdadeiramente impactante.

Non quero imaxinar os nervios que pasou a túa muller.

Apertas

 
Ás 12/09/09, 11:20 , Blogger Ana Cosque dixo...

Eu participaba como concursante no SuperMartes, que tivo que ser gravado porque a información mandaba. Debeu ser o único programa que se emitiu en venres.

 
Ás 12/09/09, 12:23 , Blogger Unknown dixo...

Quedoume marcado.
No momento traballaba en Porriño ( no poligono da granxa), e sali a las dos, ese día vino mi marido a buscarme e contame o que está pasando. Eu non daba crédito.
O chegar a casa, puse os informativos e aluciné...

Bicos

 
Ás 12/09/09, 13:29 , Blogger fgul dixo...

Home; eu estabache arrebolado enriba da cama vendo o telexornal. Ese día quedar cun distribuidos pois 15 días despois abría o meu negocio.

Enfin... por un intre pensei que a besta negra ía ficar derrotada para sempre...

 
Ás 13/09/09, 02:04 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

A esa hora adoitamos estar comendo mentres vemos o telexornal. Primeiro foi unha noticia máis, pero logo todo foi crecendo como unha película de terror, ver o segundo avión como o vimos foi tremendo, o informativo nunca se terminaba e ese día estabamos tan atafegados vendo semellante barbaridade que non abrimos a tenda ata as sete da tarde. Acórdome que chamamos a Toño puxo a tele e nese momento foi cando pasou o do segundo avión, todos estabamos aterrados e creo que foi a experiencia máis brutal real vivida en directo que xamais podería imaxinar.

 
Ás 13/09/09, 09:43 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Calculo que tenha sido uma experiência traumática para si e sua esposa. Eu tinha ficado sem emprego uns dias antes, depois do dono da fábrica ter desaparecido durante a noite com tudo o que tinha valor lá dentro e após estar a trabalhar desde Janeiro sem receber ordenado, mas sempre com a promessa de que no mês seguinte receberia. Eu e os outros empregados.
De modo que no dia estava a ver o Telejornal, quando interromperam a emissão para mostrarem as imagens.
Lembro-me que a princípio os próprios jornalistas mostravam as imagens um tanto incrédulos, como se esperassem que a qualquer momento alguém viesse dizer que tudo não passava de uma macabra brincadeira.
Mas nesta data, eu sempre lembro o outro 11 de Setembro.
O 11 de Setembro do Chile. Que levou a uma ditadura sangrenta que fez milhares de mortos e outros tantos desaparecidos. Com o apoio de quem? Do governo americano.
Com todo o respeito que me merecem as inocentes vitimas das torres, a verdade é que este atentado eclipsou o outro 11 de Setembro, e desviou as atenções dos muitos atropelos do governo americano, não só no Chile, mas também no Vietname, e em outros países.
Se fosse por encomenda, não serviria melhor os interesses do governo americano.
Um abraço e bom fim de semana

 
Ás 13/09/09, 13:47 , Blogger Barreira dixo...

Pois a min pilloume de camiño cara o hospital, xa que miña ex estaba ingresada polo embarazo; e vimos toda a tarde a tele.
Sabiamos que era o mais grave que víramos, sabiamos que ía cambiar o mundo con aquelo, pero non sabiamos como o ía facer ata o dia de hoxe. Suma e sigue.
Saudos.

 
Ás 14/09/09, 08:51 , Blogger Eva G. Rei dixo...

Eu estaba de repouso na casa por ameaza de aborto, que logo foi.
E vin a noticia deitada no sofá. Primeiro pensei que fora un accidente, pero logo, ao ver en directo como outro avión impactaba na segunda torre entendín que fora provocado.
Foi incrible ver derrubárense as torres coma se fosen de area. Non o esquecerei xamais.

 
Ás 14/09/09, 14:45 , Blogger A lareira de Santiso dixo...

Eu estaba encerrada estudando para un exame horroroso de Ciencia Económica. Non me esquecerá nunca (nin o accidente nin a asignatura). Apertas

 
Ás 14/09/09, 21:55 , Blogger BRABIDO dixo...

Ben que me acordo,compañeiro,estaba eu en Loeches(madrid)montando unha estructura cando escoitei pola emisora este atentado que pa min non ten loxica ningunha,xa que se queren venganza que vaian `polos peixes gordos e non pola xente inocente.En este non,pero no de Madrid perdin un amigo.


PRAADIANTE

 
Ás 17/09/09, 17:03 , Anonymous chelo dixo...

Pois lembrome de Ana, que estabamos todos pendentes de cando podria voltar, de que a ela xa non lle gustaban os avions e tiña que voltar soa e nesas circunstancias, que o parecer o dia seguinte ela ia ir cos curmans a visitar as torres pero q xa non lle deu tempo...non sei de onde sacou forzas pa subir o avion eu non sei se podria... bqñs.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio