leoeosseus

sábado, 25 de xullo de 2009

Galiza VS Portugal



Fomos ata Vilanova de Cerveira en Portugal onde hai un parque acuático á beira do río cunha representación do río Miño e os concellos abeirados. Dende o " concello " de Valença pode pelexarse contra o " concello " de Tui con canóns de auga.

É unha mágoa que non todas as guerras se solucionan con pistolas de auga: sería máis divertido e menos danino !.

Etiquetas: ,

5 comentarios:

Ás 26/07/09, 10:16 , Blogger mariajesusparadela dixo...

Cheguei a vostede desde o señor Kaplan. Ambolosdous comparten a presunción de ser pais (quero dicir que se gaban diso, non é que eu teña dúbidas)e agrádame moito porque pertenzo á xeración na que os homes non podían ser tenros. Ainda hoxe hai moito "macho bravío".
E, como non podía ser menos, gústame o que escribe.

 
Ás 26/07/09, 12:24 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Se puideran solucionarse tódalas guerras así... iso sería caralludo, pero como sempre perderían os máis débiles, os que menos auga teñen.

Apunto o sitio para ir botar unha batalliña, que me queda cerca e no verán (se chega de verdade) apetece.

Unha aperta

 
Ás 26/07/09, 17:01 , Blogger fgul dixo...

grande verdade!!!

 
Ás 26/07/09, 17:29 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Eu quero ser soldado dese exército de pistolas de auga. Apúntame

(E supoño que non terei moita dificultade para atopar ese parque do que falas. Á miña nena seguro que lle gustará pasar un día nel)

 
Ás 26/07/09, 18:01 , Blogger An dixo...

Non penses, de seguro a alguen aviaselle ocurrir trocar a auga por acedo sulfúrico. SAúdos

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio