leoeosseus

domingo, 1 de febreiro de 2009

Labirinto


A lavandeira coxa vive no seu cárcere inmenso de pedra, cemento e cristal e come as pupias e farangullas dos bocatas dos nenos. Paséase perto do bar " O Finikito " onde son xenerosos ata provocar o abraio dun pai de tres fillos. Tópase o bar no primeiro andar nunha das infinitas voltas que dá o labirinto. Botas, roupa, contos Disney, cueiros, de xantar, de beber e de sobremesa e máis cousas pódense adquirir aquí. Iso si, reloxios postos no trinque NON que se desfai a obra de arte de corazóns valentinescos. Tamén neste lugar fai frío pero pódese durmir unha sesta ou mesmo montar nun elefante rosa e repetir a experiencia. A fauna humana complétase con bandas de música, militantes pola paz e contra a fame do mundo, vendedores da verdade política que din que o nacionalismo é unha relixión para practicar na casa, algún actor da televisión e un violinista vello na entrada. Para isto e máis dá un centro comercial.
Aviso importante: non tires fotos como a de arriba que está proibido.

Etiquetas:

9 comentarios:

Ás 01/02/09, 11:05 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

está prohibido atirar fotos ós paxaros??? o mundo está tolo!! :D

 
Ás 01/02/09, 12:37 , Blogger mamiago dixo...

Hola!
Igual me puedes ayudar... Sabes de alguna cafetería con wi-fi en Porriño o Tui o cerca. O si en la biblioteca de Porriño... y si no cierra a la hora de la comida?

 
Ás 01/02/09, 13:34 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Saliuche un texto moi poético, sí señor.

E si, a min tamén me prohibiu un garda de seguridade tirar fotos nun centro comercial de Lugo, cando estaba facéndolle unha á miña nena diante dun escaparate de xoguetes. Despois vino eu facéndolles unha foto a un grupo ne mociñas minifalderas...Seica a lei non é igual, según o tamaño da saia.
Eu, que son arroutado, ó pasar ó seu carón díxenlle: "enfoca ben, que lles cortas as caras".
Miroume con cara de pistoleiro do oeste

 
Ás 01/02/09, 15:12 , Blogger Moraima dixo...

Está prohibido quitarlles fotos ós paxaros?? cousa ben nova pra min... o que di Chousa, si o sabía, pero moito descaro ten o garda de seguridade.

 
Ás 01/02/09, 17:57 , Blogger Cuspedepita dixo...

Vaia, ho, aínda deu ben de sí a visita ao centro comercial !

Unha vez tamén me botaron a bronca nun deses sitios por facerlle unha foto ao meu fillo cun sombreiro de palla que estaba probando.
Non me importou moito... a foto téñoa na casa... ;-)
¡Pero non estou chamando á insumisión! ;-) jajaja

Aperta

 
Ás 02/02/09, 00:24 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Há anos em Agosto fazia anos de casada, e estava festejando no Forum do Montijo. Estava sentada no atrio com o maridão, e o filho achou o momento mágico e tirou uma foto. Não tinha nada de especial, era apenas uma foto dum casal, sentado, de mãos dadas olhando a queda de água do forum. Acredita que o segurança, obrigou o Pedro a deletar a foto, sob ameaça de chamar a polícia?
Um abraço e uma boa semana

 
Ás 02/02/09, 01:44 , Blogger Merce dixo...

Si, no centro comercial de Ourense tamen esta prohibido, eu entereime despois de inflarme a tirar fotos as miñas cativas diante de todos os adornos de navidad. De todos modos se non me gustaba o centro comercial, agora aborrezco.
Biquiños

 
Ás 02/02/09, 13:55 , Blogger An dixo...

Soe acontecer, a min en BB.AA, ameazaronme por tirarlle unha foto a un choche antigo...cosas veredes. SAúdos amigo

 
Ás 02/02/09, 21:59 , Anonymous Anónimo dixo...

As veces, hai xente que lle colocas unha chapa de Coca loca, na solapa da chaqueta, e xa pensa que é O sherif aquel da pelicula Solo ante el peligro....¿Como se chamaba?. Henry Ford...non estou certo.
En fin e mellor non facer caso.
Cousa.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio