leoeosseus

sábado, 25 de outubro de 2008

Big Ben


Pouco a pouco imos esquecendo a tristura e o mal sabor de boca do despido dos compañeiros e ata botamos unhas risadas. Un exemplo pode ser o que pasou o outro día. Resulta que para paliar o frío destas mañás poño bastante roupa como a camisola da foto que está gastada e a deixo para traballar. O " He asistido " mirouma posta e soltou unha das súas: " - Ah, ese es Einstein; el que formuló la teoría del BIG BEN ".

Etiquetas:

7 comentarios:

Ás 26/10/08, 01:24 , Blogger LM dixo...

com relogio e todo??? vaia nom conhecia esta faceta do senhor einstein...
beijos

 
Ás 26/10/08, 09:41 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

Válghame deus!
A camiseta chulísima!

 
Ás 26/10/08, 19:40 , Blogger rui dixo...

Tamén eu tiña un colega de traballo así, aínda que comigo ás veces falaba galego. Empregaba tempos compostos e soltaba palabras arrevesadas que lle saían do revés.
A nosa sociedade é a que é, e se muda algo faino a unha velocidade vexetal.

 
Ás 26/10/08, 20:56 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Un coñeceido meu comentáballe no bar ao director de certa sucursal da caixa de aforros que de contado lle faría unha "transfusión" para "amortiguar" o préstamo.
Como dicía Einstein, todo che é relativo (e ainda iso depende!)

 
Ás 26/10/08, 21:10 , Anonymous Anónimo dixo...

A teoría do GRAN BEN, si señor. Por certo o "he asistido" emprega ben as construcións verbais, como demostra empregando neste caso "formuló" e non "ha formulado", independentemente do contido da afirmación.

 
Ás 27/10/08, 09:04 , Blogger Antón de Muros dixo...

Quizáis "He asistido" (Ha) pensou que ao que descubriu o efecto fotoeléctrico lle gustaban moito as hamburguesas e por iso asociou a camisola cun "BIG MAC"...

Por certo, fíxome rir moito o da posición FECAL da outra entrada, creo que (Ha) quixo dicir posición FISCAL jajaja

Saúdos.

Antón.

 
Ás 27/10/08, 16:02 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Pois haberá que superar a crise con humor, que sinón, estamos apañados.

As veces algúns queren facerse o interesante, e o final seríalles millor quedarse caladiños.

Mira que confundirse có Einsten este, por certo, ¿que xogaba no Madrid ou no Barcelona?

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio