leoeosseus

sábado, 16 de agosto de 2008

Leo pachuchiño


O Leo estivo o outro día con febre e escagarriado pero hoxe estivo bastante ben e sen febre, un pouco rallante pero ben. Supoñemos que será cuestión das moas e que millorará mañá.
Dá un pouco de mágoa miralo con eses ollos longos, con choromicadas inesperadas e coas horas de durmida entolecidas pero son cousas que teñen que pasar. Dende logo que prefiro o Leo do outro día cando lle preguntei se quería zume ou auga e el respondeume, no seu ensaio cotián de palabras: cu-ba-ta.

Etiquetas:

13 comentarios:

Ás 16/08/08, 04:17 , Anonymous Anónimo dixo...

Ata os rapazes se preocupan da realidade cuba-na :-)
Só os pais somos conscentes do noso padecemento fronte as debilidades dun cativo. A súa cara sempre é un espello da alma. Se cantan cantamos, se choran , choramos...
Unha aperta de vitaminas.

 
Ás 16/08/08, 10:18 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

hahahaha, pois si que empeza pronto! vaia adolescencia vos espera hahahaha

Até que un non ten fillos non sabe o que significan eses ollos verdade? e o que doen!
Alédome de que estea mellor :)

 
Ás 16/08/08, 10:40 , Blogger BK dixo...

Grazas pola túa benvida no meu blog. Non teño fillos pero si 3 sobrinos de 20 meses e 3 anos e mira que río coas súas ocurrencias. O do cubata é incrible, jeje.
O meu sobriño en vez de ir "de puntas" vai "de putas". Xa ves.....

 
Ás 16/08/08, 18:57 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Hai quen dí que o alcool é bó para mitigar a dor, pero o do cubata...

Saúdos, e que se millore

 
Ás 17/08/08, 11:45 , Blogger Marinha de Allegue dixo...

Unha aperta saudable e enerxética para a recuperación do Leo.

:)

 
Ás 17/08/08, 13:10 , Anonymous Anónimo dixo...

Está moi guapo. Espero que se mellore axiña.

 
Ás 17/08/08, 13:34 , Blogger Bea dixo...

pronto se ha poñer ben de todo! tan de pequeno e xa pide un bu-ba-ta? :P saúdos!!!!

 
Ás 17/08/08, 21:16 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Teñen moitas "voltiñas"; pero tan axiña como se poñen maliños, tamén rebechan de contado.
E si, da moita peniña velos cos olliños cansos e parados.
Unha aperta para él e outra para vos

 
Ás 17/08/08, 23:21 , Blogger paideleo dixo...

Graciñas a todos polo apoio.
O Leo está recuperándose paseniñamente.

 
Ás 18/08/08, 11:44 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Que ar tão tristinho tem o Leo.
Espero que se recupere rápido, para que o sorriso volte a animar o seu rostinho lindo.
Um abraço e uma óptima semana

 
Ás 18/08/08, 19:55 , Blogger Mar e Lúa dixo...

Aínda así pachuchiño está para comelo de guapo... Espero que xa estea recuperado. ¡Dende logo, que momentos dan os nenos! Á mínima que vos despistedes monta un botellón na guarde!!

E xa sabedes... ¡paciencia! Moitos aproveitamos cando estamos maliños pa recibir unha dose extra de mimos ;)

Biquiños

 
Ás 18/08/08, 21:08 , Anonymous Anónimo dixo...

No momento en que escribo este comentario espero que o Leo estea ben e dándoche moita guerra. Vémonos a fin de semana.

 
Ás 19/08/08, 14:46 , Blogger insomniorizar dixo...

jeje, vexo q xa o leo anda a faceras súas!
alegrome que xa ande a amosar outros olliños!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio