leoeosseus

sábado, 30 de agosto de 2008

Falsas promesas



Cando ampliaron a ponte sobre o río Louro en Vilaguindastre tiraron coa ponte vella. O anterior goberno municipal prometeu facer un parque e reconstruir nel a ponte vella para pasear por ela e conservala pois figura no escudo de Vilaguindastre e sería un digno retiro para a ponte emblemática. Fixeron o parque pero a ponte está desmontada nun terreo diante da miña casa cuberta de silvas e de cada vez máis esquecida. Supoño que quedará aí para futuros arqueólogos que matinarán sobre que facían aquí estas pedras amoreadas.

Etiquetas:

8 comentarios:

Ás 31/08/08, 00:50 , Anonymous Anónimo dixo...

Manda carallo, xa non me lembro dela. De calquera xeito, agora que están os orzamentos aprobados igual se animan a cumprir o que promenten.

 
Ás 31/08/08, 03:53 , Blogger tertulias para perogrullos dixo...

Os políticos falan máis do que fan, ese o conto de sempre jejeje. Saúdos

 
Ás 31/08/08, 18:19 , Blogger Carlos Sousa dixo...

¿E quen cree xa nas súas promesas?
O normal é que nos extrañemos cando as cumpren.
Un saúdo.

 
Ás 31/08/08, 21:16 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Home, pois eu tamén penso que un retiro mais digno meréceo.

 
Ás 02/09/08, 21:50 , Blogger Pau dixo...

Os politicos din unha verdade cando se equivocan; e os municipais nin che conto.
Saudos

 
Ás 03/09/08, 18:30 , Blogger Cuspedepita dixo...

Unhas pedras que ademáis vense labradas e fermosas.

 
Ás 27/09/08, 16:43 , Blogger mamiago dixo...

unha mágoa!

 
Ás 07/09/12, 01:01 , Blogger Dilaida dixo...

Só lles interesan os votos, despois de ser elixidos xa non lembran nada.
Bicos

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio