leoeosseus

mércores, 13 de agosto de 2008

Badar kablar


No último número de " Retranca " inclúen un libriño con tiras cómicas de Luis Davila. Eu fixeime nos nomes das lanchas e saen " Faneca Odissey ", " Fungaquenindios ", " Jasafondo ", " Aux. do Elsa Pataky ", " Bruño-Lee "; entre outros. E son nomes que fan rir e semellan irreais. Pero o outro día levei unha sorpresa cando mirei en Cangas unha lancha de nome " Badar kablar ".
E é que hai veces que a realidade supera a ficción.
Se clicas na foto podes ler o nome ampliado.

Etiquetas:

11 comentarios:

Ás 14/08/08, 00:52 , Anonymous Anónimo dixo...

pois mire, señor paideleo, (i)badar kablar... e deu, certamente

 
Ás 14/08/08, 02:50 , Blogger Mario dixo...

O que vai dar que falar é o libriño da Retranca que está que nin diola, pensei que escachaba coa risa.

 
Ás 14/08/08, 09:21 , Blogger LM dixo...

hahahaha... original sim senhor...

 
Ás 14/08/08, 10:24 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

hahahahaha, moi bo!!

 
Ás 14/08/08, 10:46 , Blogger A Conxurada dixo...

Mira ti senón deu que falar, jeje.

 
Ás 14/08/08, 12:48 , Blogger Unknown dixo...

lembrame os nomes que poñen nalgúns camións. deus por diante ou algo así.

segue investigando e bo verán

 
Ás 14/08/08, 12:56 , Blogger Bea dixo...

Que boa! e eu que vivo en cangas e nunca me fixei nos nomes das barcas... bueno, minto, nalgúns si, pero esa nunca a mirara! saúdos ;)

 
Ás 14/08/08, 17:28 , Blogger busto.agolada dixo...

Orixinal nome o da barca con propietario coñón. Pero aínda me sorprende tanto o ollo do Paideleo que sempre vai atento ás curiosidades que nos ofrece este universo mundo.
Unha aperta, amigo, e segue a deleitarnos coa túa agudeza.

 
Ás 14/08/08, 17:42 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Moi bó, é deu que falar e todo, como comentan varios (o chegar tarde é o que pasa). Menudo ollo tuveches, noraboa.

 
Ás 14/08/08, 21:02 , Blogger Ana dixo...

BADAR KABLAR,moi bon o nome.
a mi gustoume.
Ben,non e nome pra un barco,mais orixinal si que e,jeje

Bicos

 
Ás 28/08/08, 23:26 , Blogger rui dixo...

Si, Badar Kablar, está amarrada na estación marítima, xusto en frente da estación de autobuses, moitas veces me teño fixado nela. Incluso teño unha foto da zona pero paréceme que non aparece ela.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio