leoeosseus

domingo, 24 de agosto de 2008

Amigos e furanchos



Onte ceamos cuns amigos e hoxe xantamos con outros. Onte foi na casa deles e hoxe nun furancho. O mal tempo e a retirada súpeta e sen preguntar dos pratos de comida foron dous aspectos negativos pero a boa compaña e o cambio de aires compensou todo.

A foto é unha vista da ría de Vigo dende o furancho trucada usando picnik.

Etiquetas:

13 comentarios:

Ás 25/08/08, 09:43 , Blogger Mararía dixo...

A foto é espectacular!!!

 
Ás 25/08/08, 14:21 , Anonymous Anónimo dixo...

Eu o que non soporto e que tarden moito en retirarmos despois de rematar. Se alguén o fai denantes...corre verdadeiros ríscos de am-puta-ción.
Non sabía que che gustaba distorsionar a realidade, sempre pensei en ti nitidamente :-)

 
Ás 25/08/08, 14:58 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

Xa me enviciache co Picnick ese hahahaha

 
Ás 25/08/08, 16:40 , Anonymous Anónimo dixo...

Parece que temos a axenda apertada, eh? A ver se o Leo atura o ritmo.
Unha aperta.

 
Ás 25/08/08, 18:46 , Blogger BK dixo...

Pois a min o dos furanchos non me vai moito........

 
Ás 26/08/08, 02:01 , Blogger tertulias para perogrullos dixo...

Eu estou con Veca, os furanchos non son o meu. Saúdos

 
Ás 26/08/08, 18:56 , Blogger Cuspedepita dixo...

A boa compaña é o máis importante, despois de todo.
Anque sexa un bocadillo, cos amigos sabe a gloria :-)

 
Ás 26/08/08, 20:23 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Ora bem andamos numa de conviver. Fazem muito bem. Ninguém é uma ilha, todos precisamos de amigos.
Tudo de bom para vós e como suponho que está de férias, boas férias
Um abraço

 
Ás 26/08/08, 21:09 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Hai furanchos hoxe en día que son verdadiros restaurantes, para mín perderon a razón de ser que tiñan antigamente, vender o viño sobrante a chiquitas con algún pinchiño para que baixara millor.

 
Ás 27/08/08, 17:30 , Blogger Mer dixo...

encántame isto dos furanchos

na miña aldea, preto de Santiago, non os coñecen, "non se estilan"

que si é legal... que si é ilegal... que son competencia desleal...

a mín gústanme

o Leo co grande que está, seguro que sí atura o ritmo

bicos

 
Ás 28/08/08, 11:05 , Anonymous Anónimo dixo...

Eu estou con silvana.....A foto encantoume, e quedei con ela para o meu archivo particualr, se non tes inconveniente.
O dos furanchos.......Pasalo cos amigos.

 
Ás 28/08/08, 15:39 , Blogger Ana dixo...

A mi me encantan os furanchos, e mais as tapas que poñen.
Que fame entroume,jeje

Bicos

 
Ás 28/08/08, 21:45 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Si señor, !espetacular!!!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio