leoeosseus

luns, 14 de abril de 2008

O arco do trono e as reghateiras de Abril


Esta fin de semana houbo chuvias intermitentes con momentos de sol. Isto en Arbo chámanlle reghateiras de Abril. Tamén houbo momentos nos que saiu o arco do trono, nome con que se conoce o arco da vella. Eu quería fotografalo pero non o dei pillado. A ver se no futuro cazo un arco do trono.

A foto que poño é da interrede.

Etiquetas: ,

18 comentarios:

Ás 15/04/08, 00:21 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Arco-iris lindo amigo.
Um abraço e uma boa semana

 
Ás 15/04/08, 11:04 , Blogger Ana dixo...

Cos teus escritos si que vou aprender ben o galego!
Mais lias-me un pouco cos dichos,asimesmo son moi bonitos e poeticos :
O arco do trono
Reghateiras de Abril

Bicos

P.S
Xa fixe o primeiro post en galego,cando queiras,pasate e corrixeme.

 
Ás 15/04/08, 11:06 , Blogger Ana dixo...

Soa un pouco a orden,non?
Non era a intencion,liome coa maneira de dexir as cousas...

 
Ás 15/04/08, 11:40 , Blogger vermella dixo...

podería roubarlle a foto para unha idea que teño en mente??????????

 
Ás 15/04/08, 18:13 , Blogger busto.agolada dixo...

Preciosa foto e oportuno o fotógrafo.
Pedro, claro que podes darlle difusión á Xuntanza de Agolada.
Unha aperta.

 
Ás 15/04/08, 18:17 , Blogger Unknown dixo...

O sabado apareceu on arco da vella dobre impresionate. Ia no coche e sin camara.
Foi unha pena, estes dias a atmosfera anda un pouco revolta e tardarei repetir esa visión.

 
Ás 15/04/08, 21:19 , Anonymous Anónimo dixo...

Ai chegará a calor alghún día!!!!

 
Ás 15/04/08, 21:19 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Pois non coñecía esoutra denominacón para o arco da vella.
(Vai o home morrendo e a sua mente segue aprendendo...)

Unha aperta

 
Ás 15/04/08, 22:21 , Blogger Pau dixo...

Boa foto a que pillaches

 
Ás 15/04/08, 23:12 , Blogger Nébeda Piñeiro Barros dixo...

eu creo que ó arco da vella non lle gustan as fotos.

 
Ás 16/04/08, 10:22 , Anonymous Anónimo dixo...

E sabes de onde vén o nome de arco do trono?

 
Ás 16/04/08, 13:40 , Blogger Raposo dixo...

Para min o arco de vella é un dos espectáculos mais fermosos da natureza. Ten algo máxico e onírico.

 
Ás 16/04/08, 21:29 , Anonymous Anónimo dixo...

Que curioso o do arco do trono... e que monárquico, hehehe.

 
Ás 16/04/08, 22:19 , Blogger Bea dixo...

Tampouco nunca fun capaz de quitarlle unha foto ó arco da vella...

Saúdos!

 
Ás 17/04/08, 00:02 , Anonymous Anónimo dixo...

Grazas polos parabéns !

Eu de pequena choraba porque quería pasar por baixo del e non podía ... agora río, porque sigo sen poder! Haha

 
Ás 17/04/08, 00:25 , Blogger paideleo dixo...

elvira carbalho: lindo si. Escollino das imaxes de google para " rainbow ".
Boa semana tamén para ti.
ana: alédome de que os meus escritos sirvan para algo.
Tés razón cando dis que muitas palabras e ditos son bonitos e poéticos. Polo menos a min paréceme que si.
vermella: rouba sen medo que a foto tamén é roubada.
busto.agolada: xa me gustaría a min facer esa foto.
Xa publicitarei a xuntanza cando haxa máis información.
mueja: sabes que cando son dobres as cores cambian de posición coma se houbese un espello entre eles ?. Eu descubrín isto o outro día aínda.
jan: chegará, si. Non teñas medo.
chousa da alcandra: eu aprendina hai xa uns anos pero sigo aprendendo tódolos días.
pau: pilleina na interrede en google images para " rainbow ".
nébeda: faise esquivo, si. Aparte en días así de chuvia non se acostuma a levar cámara. Polo menos no meu caso.
peke: terá que ver coas treboadas, non sei.
o raposo: se non é o máis fermoso, anda cerca. Non me extraña que se crean lendas arredor del. Eu non teño claro aínda como se forman e ademáis en forma de arco.
a do outro lado: nunca pensara no senso monárquico. Simpática asociación.
enmeigada: para min é unha espiña que teño cravada aí. A ver se o consigo algún día.
anuskinha:eu quería ir á súa base pero nunca fun capaz, claro.
Penso que algún día o conseguiremos.

Graciñas a todos polos comentarios e que o seguinte arco do trono vos dea o tesouro que tan nos pés.

 
Ás 17/04/08, 00:27 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Estes días saín a diario coa cámara pero non tiven sorte, sempre sucede o mesmo cando hai algo interesante non tes os medios a man. Un saudo A.Cris

 
Ás 19/04/08, 23:30 , Blogger Cuspedepita dixo...

Concordo co raposo. Sempre me aleda o día ver o arco da vella, ten algo máxico para min.
E teño algunhas fotos del :-))

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio