leoeosseus

sábado, 5 de xaneiro de 2008

Os axudantes dos Reis Magos

Segue a chover neste inicio do ano 2008 e a cabalgata dos Reis seguro que se suspende en muitos lugares. Os nenos non verán chegar os Reis cos agasallos pero seguro que os ven pasar de volta outro día. A cabalgata é un espectáculo vencellado aos Reis así como é costume deixarlle auga nun caldeiro e un pouco de herba ou palla na fiestra para que beban e coman os camelos dos Reis. Eu facía iso hai ben anos e non cuestionaba nada. Deitábame e durmía para que me deixaran agasallos os Reis ata que unha noite de Reis espertei cun ruido e mirei a meu pai metendo unha bici no meu cuarto. Á mañá pregunteille a meu pai que facía el coa bici de noite e meu pai contoume toda a verdade. Contoume que os Reis tiñan présa e que deixaran a bici na porta da casa e que el meteuna no meu cuarto. Aquel día descubrín que os Reis tiñan aos pais como axudantes.
E ti: como descubriches que os pais axudan aos Reis Magos ?.

Etiquetas: ,

20 comentarios:

Ás 05/01/08, 18:07 , Blogger Rui Caetano dixo...

Um bom dia de Reis Magos e que eles tragam imensos presentes nesses lados.

 
Ás 05/01/08, 18:29 , Blogger Marinha de Allegue dixo...

Feliz Ano e Feliz Noite Máxica.

Unha apertaaaaa.
:)

 
Ás 05/01/08, 20:10 , Anonymous Anónimo dixo...

Buenas tardes, pasando par actualizar la lectura de que la página que está preparada con tal celo y amor. Muchas gracias por su apoyo durante el pasado año, y reiterar mis deseos de un feliz 2008. Nuestro árbol de los amigos terminó 5000 visitas en muy corto espacio de tiempo, y todo esto yo a usted, que forman la primavera de propulsión siempre alentador y fortalecimiento con sus comentarios. La semilla que plantamos en nuestro BLOG humildemente, alimentada por nuestra determinación de superar todos los años y cultivadas por ustedes, que depende de nuestro trabajo, nuestra abrilhantando con la belleza de sus observaciones, cada uno de los nuevos POST, que le recomendó que los otros amigos, Haciendo hincapié en nosotros y, por tanto, los límites de ganancia inesperada. Estoy seguro de que este logro debería mérito a usted, espero seguir contando con su visita. Gracias de corazón.

 
Ás 05/01/08, 20:53 , Blogger rosa enriquez dixo...

Feliz 2008 e que o teu neno teña moitos moitos agasallos¡¡¡¡¡¡ Bicos:))

 
Ás 05/01/08, 21:18 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Amigo, muito bom post. A maneira como cada um vai descobrindo as verdades da vida. Em Portugal as prendas chegam na noite de 24 de Dezembro. Quando eu era pequena, governava o país o ditador Salazar. Enquanto ele viveu, não entrou em Portugal a Coca-Cola, embora em algumas colónias se vendesse como era o caso de Moçambique. Sem Coca-Cola em Portugal, não havia Pai Natal para trazer prendas. Por isso no meu tempo era o Menino Jesus que trazia as prendas segundo os meus pais. Nós tinhamos uma vida miserável. Meus pais não tinham dinheiro para prendas. Então metíamos os tamancos (não tínhamos sapatos) na chaminé, e meus pais punham lá dois ou três figos secos, e um ou dois rebuçados.
Eu era uma revoltada. Porque não achava justo que os filhos do Sr. Capitão, e dos empregados do escritório, a quem não faltavam boas roupas e brinquedos, recebessem boas prendas do Menino Jesus, e nós que andávamos vestidos com as roupas que eles nos davam, e que não tínhamos brinquedos, não tivessemos direito a nada de jeito. Então uma noite decidi fingir que dormia e esperar a chegada do Menino Jesus, para ter com Ele uma conversa. E foi assim que vi a minha mãe a pôr as guloseimas do costume nos tamancos.
No dia seguinte ainda mais revoltada, disse à minha avó que o Menino não queria saber de nós por vivermos numa barraca, e a minha avó contou-me a verdade, para acabar com a minha revolta. Mas contou-me a verdade mesmo e não como os seus pais.
Um abraço e um bom fim de semana

 
Ás 05/01/08, 21:26 , Blogger Pau dixo...

Pois eu recordo con cariño aqueles anos nos que iba a horta co meu pai ou o meu avo a tarde do cinco de xaneiro a por un feixiño de herba para deixarlle na acera xunto con auga para os camellos dos reis.
A verdade que xa non recordo como descubrin que eran meus pais os reis magos.
Supoño que o Leo xa lle deixaría a herba preparada máis o leite para os reis.

 
Ás 05/01/08, 22:00 , Blogger Son Unha Xoaniña dixo...

Eu descobrino cando as amigas no cole empezaron a dicilo, e inda así me neguei a aceptalo, pregunteillo ao meu pai e tamén me dixo toda a verdade,
que aos nenos que non se portaban ben os reises non lle traían nada pero logo os seus pais para que non choraran mercabanlle algunha cousa.
Unha aperta e beijiños para o Leo, que lle traian moitas cousas .

 
Ás 05/01/08, 23:45 , Blogger Fada Branca dixo...

eu descubrino porque os pobrimos armaban bo barullo

 
Ás 05/01/08, 23:51 , Blogger busto.agolada dixo...

Eu non o descubrín. Foron os compañeiros da escola que me fixeron dubidar. Aquel día matáronme a ilusión. E o mellor que teñen os nenos é a ilusión, iso vale máis ca todos os regalos materiais.
Unha aperta e bos Reis para todos, especialmente para o Leo.

 
Ás 06/01/08, 09:59 , Blogger A Conxurada dixo...

A min contoumo a listilla da miña irmá maior, e a verdade pareceume todo moi lóxico.

Xa nos contarás que tal pasou este día o Leo.

 
Ás 06/01/08, 13:13 , Anonymous Anónimo dixo...

Miña irmá foi a culpable...
Oxala esa ilusión durara para sempre.
Bqñs.

 
Ás 06/01/08, 16:46 , Anonymous Anónimo dixo...

No cole as compañeiras non deixaban de dar a lata. Resistinme algún tempo, pero debía de estar ben medrada cando miña nai decidiu contarme a verdade. Que chasco!

 
Ás 07/01/08, 00:37 , Anonymous Anónimo dixo...

A Dorvisou non chegaban os reises. Aquela corredoira da aldea non era transitable para camellos. Os únicos reises que ollei de neno eran os amos das terras que traballaban meus avós canda viñan recoller o millo, o trigo, as patacas...
Bueno, agora xa o sei...este ano trouxéronme a cámara pero hoxe ollando na conta corrente deime conta de onde sacaron os cartos :-)

 
Ás 07/01/08, 12:17 , Anonymous Anónimo dixo...

Un día díxenlle a miña nai que un rapaz no colexio dicía que os Reis non existían, que eran os pais.

A miña nai, durante a comida, achegouse e díxome o oído. Os Reis Magos teñen que atender a moitos nenos no Nadal, e pídenlle axuda os pais.

Os Reis levan os xoguetes os nenos que non teñen casa, os hospitais, a todos aqueles desfavorecidos, e encárganlle os pais dos nenos con sorte que lles leven eles os agasallos.

E esa foi a explicación.

¡Feliz comezo de ano! ;)

 
Ás 07/01/08, 12:57 , Blogger Mer dixo...

Non recordo cómo descubrín ao axudantes dos Reis pero sigo tendo ilusión por ese día.
Espero que vos trouxeran moitos e bos agasallos.
Bicos REAIS.

 
Ás 07/01/08, 15:20 , Blogger oko dixo...

unha profesora intentou explicarme que os reis magos non existían, pero creo que eu tiña argumentos máis contundentes para contradicila. gañei eu!!!

 
Ás 07/01/08, 20:16 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Foi un compañeiro de escola o que me estragou a maxia. E sempre tiven a sensación de que mo fixo por amolarme...
Cando lle pedín confirmación a miña nai, case suplicaba que me dixera que sí existían, pero considerou que era hora de sabelo e aproveitou o commentario do compañeiro para confirmar a tremenda evidencia.

 
Ás 07/01/08, 21:24 , Blogger Aurora Cascudo Román dixo...

eu tamén descubrino cando a miña nai escondía non recordo qué xoguete baixo a cama.
Iso e que na escola xa moitos "listos" estaban a tirar a ilusión por terra...
mira que riquiños na foto!
;)
un bico, espero que tivera Leo todo o que pediu, que ten pinta de ser bó.
un bico

 
Ás 07/01/08, 22:22 , Blogger Suso Lista dixo...

Eu cando o descubrin levei unha tunda de miña nai, pero o conto ten o seu aquel; calquera dia contovolo.

 
Ás 08/01/08, 02:30 , Blogger mamiago dixo...

Mira isto:
http://novatablogeira.blogspot.com/2008/01/la-noche-mgica.html
os pais non...existen, son os reis

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio