leoeosseus

venres, 30 de marzo de 2007

Caroucas e kiwiños



Pois si. Tódolos días hai novidades e apréndense outras cousas. Por exemplo, hoxe o Leo comeu fruita por primeira vez; plátano pasado por batidora con laranxa exprimida. E eu oín por primeira vez a palabra carouca que en Arbo chaman así á vacaloura ou escornabois e no Porriño é carroucha. E tamén coñecín o kiwiño: unha variedade de kiwi de fruita pequena e pel sen pelo e comestible, que madura en agosto e resiste as xiadas. Ah, por certo: nós dicimos quibis e en Madrid din quigüis.

Etiquetas: , ,

13 comentarios:

Ás 31/03/07, 11:50 , Blogger Torreira dixo...

Non me viria mal pra espertar o almorzo do Leo con plátano e laranxa esprimida...ou un kiwiño

 
Ás 31/03/07, 16:22 , Blogger moucho branco dixo...

Vaia, poraquí tamén dicimos quigüis.. a ver se vou contribuír sen querelo á lenda negra da coruña, :P

 
Ás 31/03/07, 18:04 , Blogger Mrs.Doyle dixo...

Tamén en Madrid aos peladillos chámanlles nectarinas...

 
Ás 01/04/07, 00:04 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Cando eu era unha nena, meu pai collía as vacalouras, prendías dun fío, colgába-las no teito no medio da cociña, esperábamos un pouco, e empezaba a voar. Nai de Cris.

 
Ás 01/04/07, 01:47 , Anonymous Anónimo dixo...

E comeuno ben ou se fixo de rogar.

 
Ás 01/04/07, 12:02 , Blogger Moralla dixo...

Oes, estaste facendo un experto en variedades lingüísticas!! continúe, continúe!!
A froitiña élle moi boa a Leo pra crecer saudoso e espabilado.
Biquiños pro neno e familia
Y ;-)

 
Ás 01/04/07, 17:18 , Blogger Peke dixo...

Vin o outro día eses froito diminutos. Parecían de xoguete.

 
Ás 01/04/07, 19:01 , Blogger Mario dixo...

Como estou ultimamente, ao ver a foto pensei que era viño de kiwi (!!!) e estaba alucinando. É curioso como se implantou a froita esta por aquí. Seica a nosa variedade é máis cativa e agre que a orixinal, pero hai xente que lle gusta así (a min non, aínda lembro o ricos que me sabían os primeiros que chegaron de fóra, comín tantos que sempre culpei da miña apendicite infantil á semente dos kiwis).

 
Ás 01/04/07, 21:56 , Blogger torredebabel dixo...

aqui chamamos aos kiwis... pois kigüis, que niso lle somos moi colonizados. Mentres que os escornabois son escarabajos. Cousas da vida... Na miña cociña ainda gardamos pegada na neveira unha foto de Santiago do primeiro día que comeu froita (daquela plátano tamén). Ten un sorriso fermoso!

 
Ás 02/04/07, 02:26 , Blogger Paco Penas dixo...

Sendo eu neno, un amigo do Pepe Penas, enxeñeiro dos inxertos, xa conseguira dunha pereira brava, unha maceira que daba unhas mazáns que arrecendían a mel...
Un saúdo desde a república das bananas.

 
Ás 02/04/07, 22:37 , Blogger Suso Lista dixo...

¿E non lle esmaghastes unha ghalleta co plátano? Aquí chamamoslle quivi, e plantanse un macho e duas femias por cada lado, e así hasta o fin do mundo...ou da leira.

 
Ás 02/04/07, 23:31 , Blogger paideleo dixo...

Ó Leo gústanlle as papas pero non o deixan durmir ben polos gases.
Toma uns poucos cereais pero aínda non pode comer galletas polo glute.

Os kiwis déronse mui ben por esta zona e baixaron de prezo dende hai anos que eran novidade. Os kiwis de Arbo están riquísimos. A época
eles é dende novembro ata febreiro e cóllense verdes da pranta e maduran en contacto con mazás. Como di Suso, plántanse dúas femias abeirando un macho que non dá fruita.
Aínda non probei viño de kiwi pero xa probei licor de kiwi e é mui dóce para o meu gusto.

Dos kiwiños non sei nada e só mirei unha pranta como a da foto nun viveiro. Ó millor o meu sogro pranta algún polo chiste.

As carrouchas están extinguíndose e xa hai ben tempo que non miro unha. Mirei en internet que dan 5000 euros por unha no Xapón que me parece unha lenda urbana. Enfin...


Graciñas polos comentos. Agradécense máis nestes días que está o mundo blogueiro de vacacións.

 
Ás 04/04/07, 01:26 , Blogger leco dixo...

Parabéns para ese titán :)
Os quiviños vinos por primeira vez no súper o outro día. Saben ben?

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio