leoeosseus

domingo, 18 de marzo de 2007

Lecturas na baixa



Onte tocábanos embotellar porque está a lúa minguante e seica é bo para embotellar pero non fomos por culpa da miña baixa. Pero estar de baixa ten as súas cousas boas: teño " quality time " para estar con Ana, Leo e o Colín e podo ler cousas que tiña apartadas. Gustoume o libro de Diego Ameixeiras " Tres segundos de memoria " que semella un diario ou un blogo e ten frases que me fixeron rir. A que me gustou muito foi a que di: ten menos futuro ca un submarino descapotable.

Xa ves que non perdo o humor e que vou millorando do susto.

Etiquetas: , ,

8 comentarios:

Ás 18/03/07, 23:32 , Blogger Zerovacas dixo...

A recuperarse. Todo hai que miralo polo lado bo: agora podes ler, descansar, estas cous teus...

 
Ás 18/03/07, 23:43 , Blogger Paco Penas dixo...

O blogomillo ten un enfermo que ri...
¡Estamos contigo!

 
Ás 19/03/07, 00:18 , Blogger Torreira dixo...

Progresa axeitadamente pois paideleo...ben,ben

 
Ás 19/03/07, 09:42 , Anonymous Anónimo dixo...

Pois ánimo e a poñerse ben!

 
Ás 19/03/07, 14:31 , Blogger Moralla dixo...

Agardo saias desa baixa en breve, papiño. Entretanto, desfruta do repouso.
Unha aperta de Yoli ;-)

 
Ás 19/03/07, 14:32 , Blogger Mrs.Doyle dixo...

Alédome de que todo vaia ben.

 
Ás 19/03/07, 23:07 , Blogger Suso Lista dixo...

Polo que vexo, vai haber que apenarse do anaco de granito que osou acercarse a ti, seguro que acabou esnaquizado. Eu de ti, compraba un décimo de lotería. E sigue rindo, que é a millor terapia cando se está de baixa.

 
Ás 20/03/07, 17:58 , Blogger cris dixo...

Por aqui estamos ben contentos de que non fose nada e so quedase nun susto!!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio