leoeosseus

mércores, 28 de marzo de 2007

Bandeira dos xitanos


Onte fun facer a revisión médica para a nova empresa e tocouma facer nun edificio peculiar de Vilaguindastre. E dirás: que ten de peculiar o edificio da foto ?. Pois se amplías a foto podes ler o nome de edificio que non é outro que o edificio " Cristo vive " e nunha parede a bandeira do pobo xitano que ten unha franxa verde representando a terra aberta e outra franxa azul representando o ceo que son as únicas fronteiras que recoñece este pobo viaxeiro. Outro símbolo dese pobo é a roda do centro que representa a mobilidade desta etnia. Dende logo que se hai un concurso de bandeiras simbólicas creo que esta leva o premio.

Etiquetas: ,

6 comentarios:

Ás 29/03/07, 00:08 , Blogger David dixo...

Edificio Cristo Vive... Que medo! :P E non coñecía eu esa bandeira, ten un significado moi interesante ;).

 
Ás 29/03/07, 01:12 , Blogger mamiago dixo...

Moita sorte!

 
Ás 29/03/07, 03:52 , Blogger moucho branco dixo...

Sinxelamente simbólica, moi ben escollida, si.

 
Ás 29/03/07, 12:01 , Blogger Nébeda Piñeiro Barros dixo...

querido pai de leo, neste caso trátase dun ritmo rumbeiro. O da foto foi un pouco pola letra da cantiga. Aínda que nos nosos arquivos tamén se agocha algún que outro tango. Moitos bicos.

 
Ás 29/03/07, 15:36 , Anonymous Anónimo dixo...

Acabo d flipar coa foto d Leo, Si q medrou! esa leite materna notase q e moi boa...
Dame q vai ser moi movido, ou coma me soian decir a min: Parece q tes o formigillo metido no cu,g,g,g...
Parida d Chelo, non me fagades caso.
Aledame saber q xa comenzaches cos tramites no novo traballo, xa nos diras a ver cando empezas e todo iso.
Bqñs.

 
Ás 29/03/07, 23:17 , Blogger paideleo dixo...

Os xitanos de Vilaguindastre, que chamamos Zamoranos; aínda teñen cartos e teñen este edificio e supoño que algún máis. Tamén practican unha relixión distinta, evanxelista.
En canto ó choio dicir que empezarei despois de semana santa.
Graciñas polas vosas palabras.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio