leoeosseus

luns, 18 de decembro de 2006

Agasallos para o Nadal


Onte foi día de comercios buscando agasallos. Hai algunha cousa curiosa e algún capricho pero a da foto fíxome gracia. Terei que ver esa historia a ver se podo superala.

Etiquetas: ,

9 comentarios:

Ás 18/12/06, 23:52 , Blogger leco dixo...

Ao pelacho encántanlle os dos Bolechas, e agora que xa le el, non che digo nada!

 
Ás 19/12/06, 00:36 , Blogger torredebabel dixo...

A Santiago tamén lle gustan moito!!!! non as lee so, pero gústalle identificar aos nenos. Dí "Pili", "Loli" e babau para o Chispa. Libros son os mellores agasallos!!

 
Ás 19/12/06, 17:29 , Blogger bouzafria dixo...

Os meus tamén son fans dos Bolechas. Antes de durmir, xa deitados, temos sesión de lectura coas súas aventuras. E eu disfruto igoal que eles.

 
Ás 19/12/06, 20:36 , Blogger moucho branco dixo...

Os bolechas son unha excelente opción para os mais pequenos, non está de mais lembralo nestas datas, ;D

un saúdo.

 
Ás 19/12/06, 23:24 , Blogger Mrs.Doyle dixo...

Eu tamén son fan dos Bolechas!
Son xeniais!

 
Ás 20/12/06, 02:06 , Blogger Paco Penas dixo...

¡Ai pedriño, o silenzo non che é froito da indiferencia!
E que os días, nestas datas, non chegaban a nada, menos mal que xa estou de vacacións, tres semaniñas para folgar e disfrutar dos meus...
Eu hoxe tamén me deitei un pouquiño coa minha cativa, agora xa lé ela para min..."mañá" tamén ira ela a traballar e eu quedarei tomando o sol e a esperar :-)
Que pasedes unhas boas festas.

 
Ás 20/12/06, 11:28 , Blogger Xosé Manuel Carreira dixo...

O do Mortadelo de La Mancha e o seu escudeiro Filemoncho ten pinta de ser a caña.

 
Ás 20/12/06, 22:41 , Anonymous Anónimo dixo...

Ai estes Bolechas...eu xa lles collín algúns aos meus sobriños, e a algún amiga áis. Gustanlle a todos os nenos...ademais o de ir percorrendo diferente sitios de Galicia é unha idea moi boa!!! Eu coñezo tamén o de Compostela e o de Ferrol.

Biquiños e un estupendo ano novo co voso fillo!!!

 
Ás 20/12/06, 23:12 , Blogger paideleo dixo...

Fiquei curioso co Bolechas sobre o castelo encantado de Vilaguindastre e teño que mercalo. O Mortadelo da Mancha xa o merquei e o Monopoly de Vigo ten a súa gracia.
Graciñas a todos polos comentarios e a desfrutar lendo !.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio