leoeosseus

xoves, 31 de agosto de 2006

O Leo pode nacer en calquera sitio



O día do nacemento de Leo está cada vez máis próximo e non deixo de pensar que pode ser no lugar máis raro posible. Cando imos a algures non podo evitar pensar que o Leo podería nacer alí. Ana ri e di que non é tan doado, pero....onte podería nacer en Valença, Portugal. O outro día no barco a Cangas...que sei eu.

Un saúdo e que veña ben que é o importante.

Etiquetas:

12 comentarios:

Ás 31/08/06, 19:09 , Blogger Marinha de Allegue dixo...

Tes razón, o máis importante e que teña saude para poder disfrutar con todos ese xoguetes...
Por certo para cando esperades que naza?.

Unha aperta para os tres.
:)

 
Ás 31/08/06, 20:35 , Blogger Suso Lista dixo...

Pois non veñas por Corme, que xa nos quitaron o médico, e os desplazados no teñen. Bicos pos tres

 
Ás 31/08/06, 21:01 , Blogger moucho branco dixo...

así que xa para moi, moi cediño.... moita sorte!!

saúdos.

 
Ás 31/08/06, 23:08 , Blogger opaco dixo...

Faille caso a Ana... e iso, que veña ben :)

 
Ás 01/09/06, 02:08 , Blogger torredebabel dixo...

home! que non nacen tan rápido! mais quixeramos as mulleres, pero un parto pode durar moitas horas... Non teñas medo: Leo ha nacer nun hospital, e sen problema ningun.

 
Ás 01/09/06, 02:28 , Blogger leco dixo...

Estou certa de que ha nacer xenial e, en todo caso, se acabases tendo razón, sempre teredes unha historia divertida que contar :)
É coña!
Beixiños e a ver cando nos dades a gran noticia!

 
Ás 01/09/06, 10:49 , Blogger Veloso dixo...

Agardo a nova con expectación. Dentro de pouco xa poderás intercambiar experiencias de recente paternidade con Kiko Novoa e con Sihomesi. O blogomillo ten futuro!!! Un saúdo.

 
Ás 02/09/06, 20:15 , Blogger David dixo...

Non vos preocupedes, seguro que todo vai saír ben. ;)
Saúdos!

 
Ás 02/09/06, 20:57 , Blogger Unknown dixo...

cuns pais como vós estará a desexar coñecervos, unha aperta e que sexa unha hora curta.

 
Ás 03/09/06, 11:58 , Blogger Lúa dixo...

Parabens!!!!saera todo bem, bikiños!

 
Ás 03/09/06, 16:22 , Blogger paideleo dixo...

A data prevista é o quince de setembro pero xa se sabe que iso é máis orientativo que real.
Xa sei que non é tan doado que o neno naza por aí adiante pero todos sabemos de casos de nenos que naceron en coches ou corredores de hospitais ou sitios máis raros aínda.
Graciñas polas vosas palabras e a ver se Leo vén dun xeito tranquilo e controlado.

 
Ás 30/10/09, 12:23 , Blogger Paz Zeltia dixo...

tampouco nacería con tanta prisa, o final jajaja

bueno, vou seguir percorrendo o blog outro día,
a ver se vexo, onde chegou a nacer o leo!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio